Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 124 novas da área temática Solo empresarial:

03/08/2026 | 11:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a plataforma loxística de Mandiá coa adxudicación da redacción do plan de ordenación do seu solo industrial

A delegada de Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o xerente da sociedade Xestión de Solo de Galicia (Xestur), Diego Toja, deron conta hoxe desta adxudicación á empresa Antea Iberolatam

28/07/2026 | 14:40 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que a Xunta desenvolverá o futuro parque empresarial de Portanxil-Pegariños situado en Ames

A conselleira de Economía e Industria e o alcalde deste municipio, Blas García, reuníronse hoxe en San Caetano para abordar as necesidades de solo industrial do concello coruñés

28/07/2026 | 13:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia o concello de Ribadavia cunha achega de 1,1 M€ para a reforma e modernización da praza de abastos e a obtención do selo de Mercado Excelente

José González remarcou a importancia da cooperación entre administracións neste convenio tripartito no que a Xunta asume o 70 % do investimento, a Deputación de Ourense o 20 % e o Concello o 10 % restante

17/07/2026 | 11:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza nos trámites para ampliar ata os 347.000 metros cadrados a superficie do polígono empresarial do Corgo

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, e o xerente de Xestur, Diego Toja, explicaron que o Goberno galego prevé aprobar definitivamente en setembro o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para impulsar a actuación

03/07/2026 | 11:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta afirma que investir en seguridade industrial é reforzar a competitividade das empresas

A directora xeral de Estratexia industrial e Solo empresarial, Margarita Ardao, participou esta mañá na inauguración de Risk Galicia. Riscos e seguros na empresa

19/06/2026 | 13:11 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca á corporación Hijos de Rivera como exemplo dunha Galicia competitiva, innovadora e fiel ás súas raíces

Salienta a aposta do Goberno galego por impulsar á industria na comunidade, con medidas como a posta en marcha ata 2030 de 12 millóns de metros cadrados de novo solo empresarial

26/05/2026 | 14:12 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que as axudas para mellorar as infraestruturas en parques empresariais financiarán 53 actuacións en polígonos este ano

Este parque industrial foi un dos 46 que resultaron beneficiados en toda Galicia na convocatoria de 2026, cun orzamento de 3,5 M€

19/05/2026 | 13:51 | C. de Economía e Industria

Oito empresas aspiran a executar as obras de urbanización da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei, que incrementará en case 40.000 m2 a súa superficie actual

A Xunta ten en marcha en fase de urbanización ou tramitación diversos proxectos que permitirán desenvolver 1,6 m2 de solo empresarial na provincia de Lugo

08/05/2026 | 13:53 | C. de Economía e Industria