Actualidade
Buscador de novas
Martina Aneiros loa o papel do festival ‘Meninas de Canido’ na proxección de Ferrol como cidade creativa
A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no Museo da Sociedade Galega de Historia Natural na presentación do evento que terá lugar do 4 ao 6 de setembro
Rueda destaca a aposta da Xunta polos campamentos e actividades de verán para a mocidade cunha cifra histórica de case 12.000 prazas
Salienta que Galicia é un referente estatal neste eido e presenta unha oferta diversa, inclusiva e de calidade
A Xunta reúne no Gaiás a 28 artistas emerxentes nun ‘Encontro de Artes Novas’ que pon o foco no diálogo entre creación e tecnoloxía
Anxo M. Lorenzo referiuse a esta iniciativa como “un dos foros indiscutibles da nova creación en España, co que a Xunta continúa a reafirmar o seu compromiso e apoio ao talento emerxente”
A Xunta inviste máis de 500.000€ nas obras de restauración da igrexa de San Salvador de Vilaza, no concello de Monterrei
Manuel Pardo explicou que as actuacións levadas a cabo pretenden resolver os problemas de estabilidade na torre e outras cuestións relacionadas co aspecto e conservación nas fábricas de pedra
A Xunta apoia o Festival Internacional de Cinema de Bueu na súa 19ª edición, que reunirá filmes de máis dunha vintena de países
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude contribúe á organización da cita a través da convocatoria de subvencións a festivais audiovisuais
A Xunta pecha o próximo domingo a mostra ‘As estacións do ano’ no Museo Gaiás con máis de 36.000 visitas
A exposición propón unha viaxe sensorial pola arte galega cun percorrido que atravesa as paisaxes e memorias da primavera, o verán, o outono e o inverno
A Xunta mellora a conservación e accesos ás torres do sistema defensivo da Limia con 12.000 € para traballos de limpeza e roza
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, propietaria destes Bens de Interese Cultural situados en Ourense, financia estas actuacións que comezaron esta semana
Villares visita a Feira do libro de Monforte, a última do circuíto impulsado pola xunta coa Federación de Librarías de Galicia
O delegado territorial puxo en valor o papel dos libreiros na promoción da lectura e na dinamización cultural das vilas e cidades galegas
O Festival de la Luz reúne en Boimorto co apoio de Concertos do Xacobeo grandes figuras da música actual
A cita celebra desde hoxe e ata o domingo o seu 15º aniversario na contorna natal de Luz Casal cunha programación que reúne máis de 30 horas de música en directo