Actualidade
Buscador de novas
A Xunta subliña o potencial xeotérmico de Galicia e as oportunidades que ofrece no eido da innovación tecnolóxica e de xeración de emprego
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou en Nigrán nunha xornada sobre esta fonte de enerxía renovable que destaca pola súa estabilidade e sitúa á comunidade á vangarda do noroeste peninsular
A Xunta destaca o papel das infraestruturas colaborativas para reforzar a competitividade industrial de Galicia
A directora do Igape, Covadonga Toca, visita as instalacións de Cogaltra en Narón, onde salienta o impacto dos Centros de Fabricación Avanzada para achegar ás empresas capacidades tecnolóxicas estratéxicas sen necesidade de grandes investimentos propios
A Xunta reivindica a formación profesional como piar estratéxico do emprego de calidade e do desenvolvemento industrial de Galicia
Román Rodríguez subliña que a FP deixou de ser unha alternativa secundaria para converterse nunha primeira opción de éxito que sustenta unha auténtica "revolución silenciosa" nas aulas e empresas galegas
Rueda destaca que proxectos como o da multinacional SAIC contribúen a construír unha Galicia competitiva e industrial
“É un gran logro colectivo, síntoma de que aquí se están a facer as cousas ben”, indicou tras salientar a “estabilidade institucional” que ofrece Galicia
A Xunta apoia en Ourense a alianza entre a Universidade de Vigo e as empresas Coren e Sertogal para avanzar na dixitalización do sector avícola
Esta alianza entre universidade e empresas está dotada cun orzamento de 4,4 M€ ata 2028, cofinanciada con 1,8 M€ de fondos europeos, para abordar os principais desafíos da avicultura galega mediante I+D+i
Galicia prevé mobilizar máis de 55 M€ do FEMPA neste 2026 para blindar o liderado e competitividade do conxunto da cadea mar-industria
A secretaria xeral técnica de Mar, Marta Barreiro, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantiveron unha reunión bilateral coa Comisión Europea en Alacante
Lorenzana chama a promover o talento e o liderado feminino como un factor de competitividade empresarial e sustentabilidade económica
Asegura que Galicia precisa “talento directivo e empresas preparadas para competir nun contorno cada vez máis exixente, máis tecnolóxico e máis cambiante”