Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.268 novas da área temática Medio ambiente:

17/01/2025 | 11:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta afronta con “boas expectativas” a recta final da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta o cumprimento rigoroso de prazos para que a Unesco teña o expediente definitivo antes do 1 de febreiro

16/01/2025 | 19:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ultima as obras de mellora da estación depuradora de Tragove que dá servizo aos concellos de Cambados e Vilanova de Arousa

Ángeles Vázquez explica que esta actuación, que supuxo un investimento de preto de 4 M€, está deseñada para dar servizo aos preto de 12.000 habitantes esperados no horizonte do ano 2044

16/01/2025 | 14:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o seu esforzo na posta en valor da área recreativa do Xirimbao, en Teo, cun investimento de case 450.000 € desde 2022

Ángeles Vázquez destaca entre as melloras acometidas os máis de 160.000 € investidos en accións de mellora da vexetación de ribeira e eliminación de especies invasoras no Ulla e nas obras de reparación no edificio do refuxio de pescadores

16/01/2025 | 13:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou en 2024 o terceiro ano máis cálido das últimas seis décadas

Ángeles Vázquez explica que 2024 se caracterizou por ser un período extremadamente cálido e húmido

16/01/2025 | 13:08 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
15/01/2025 | 12:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta desenvolverá un programa de vixilancia específico sobre a xestión de residuos industriais para reducir a súa xeración e optimizar o seu tratamento

Ángeles Vázquez salienta que o 82% das 8.000 inspeccións realizadas no período 2019-2024 estiveron relacionadas co ámbito dos residuos

14/01/2025 | 15:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a profesionalización do sector para optimizar a xestión dos recursos hídricos en Galicia

Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a cursos e xornadas tanto presenciais como telemáticos e con contidos teóricos e prácticos

14/01/2025 | 14:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o compromiso ambiental do concello de Mos co desenvolvemento do Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable

Paula Uría salienta que estes plans son follas de ruta fundamentais de cara a mellorar a eficiencia enerxética, utilizar fontes de enerxía renovables, aumentar a resiliencia e reducir as emisións de CO2

14/01/2025 | 13:54 | C. do Mar

O Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia mellora a súa rede de estacións océano-meteorolóxicas cunha nova plataforma de observación na Ponte de Rande

A nova infraestrutura permitirá incorporar sensores e solucións tecnolóxicas desenvolvidos no marco do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia polo IEO-CSIC, IIM-CSIC e a Universidade de Vigo

13/01/2025 | 19:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta salienta que o censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar o catálogo de bens culturais costeiros e a rede de establecementos turísticos previstos na Lei do litoral

Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para abordar a creación destes dous novos instrumentos