Actualidade
Buscador de novas
Allegue supervisa a instalación dos balcóns con técnicas industrializadas na promoción de 40 vivendas públicas de Xuxán, na Coruña
A Xunta está a apostar polas técnicas industrializadas como modelo áxil, seguro e sostible e ten en marcha en Galicia na actualidade ao redor de 800 vivendas co emprego deste sistema
A Xunta inicia a vacinación contra a gripe e a covid en residencias e centros de discapacidade da área de Vigo
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, anima á cidadanía a sumarse a campaña que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos
A Xunta pon en valor o seu sistema de alerta temperá nos ríos de Galicia-Costa como referente na xestión autonómica ante o risco de inundacións
Roi Fernández salienta a importancia da prevención para protexer os recursos hídricos da conca autonómica, cunha superficie de case 13.000 km2 e 2 millóns de habitantes
A Xunta e as empresas do novo Pacto Dixital comezan o traballo para a especialización de Galicia en tecnoloxía
O acordo, subscrito pola Xunta, os clústeres e as principais empresas do sector tecnolóxico, busca facer da economía do coñecemento un motor do desenvolvemento económico e social de Galicia ata 2030
Medio Rural acorda con Asaga e Unións Agrarias convocar ás tres organizacións agrarias para avaliar a crise de custos e prezos no sector
A reunión coas tres organizacións agrarias permitirá analizar a situación dos distintos sectores produtivos e valorar medidas de apoio desde as administracións para favorecer a liquidez das explotacións
A Xunta salienta o valor engadido que supuxo o intercambio de coñecemento e experiencias do proxecto europeo GIFT para a Estratexia galega da paisaxe
Galicia incorporou a esta estratexia iniciativas doutras rexións europeas para aplicalas ao noso territorio ao mesmo tempo que exportou coñecemento sobre boas prácticas que se desenvolven na Comunidade
A Xunta intensifica a vacinación dos maiores da provincia de Ourense na nova campaña da gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos
Manuel Pardo sinalou que na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hai 121.489 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 76.800 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a inmunización fronte á covid
A Xunta achega máis de 63.000 euros para converter o antigo campo de fútbol de Beariz nunha área de deporte e lecer
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou as pistas de pádel realizadas a través da Orde de infraestruturas de uso público do ano 2025
A Xunta publica a nova orde para regular a proba de acceso á universidade, que reforza a seguridade para o alumnado
É froito do acordo coas tres universidades públicas galegas e ten como obxectivo dar certezas e garantías para alumnado e familias
A convocatoria de ‘O Teu Xacobeo’ abre hoxe un novo prazo para presentar os proxectos que se desenvolvan en 2027
A Xunta de Galicia financiará os proxectos do vindeiro ano achegando 2M€