Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.449 novas da área temática Agricultura e gandería:

11/06/2026 | 13:56 | C. do Medio Rural

Medio Rural dedica 8,6 M€ á modernización de equipamentos agrarios e á mitigación do cambio climático

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá unha explotación en Monfero, onde puxo en valor estas achegas para a compra de equipamentos eficientes e de agricultura de precisión

11/06/2026 | 11:28 | C. do Medio Rural

Medio Rural declara de utilidade pública o primeiro polígono agroforestal de iniciativa privada de Alto Castiñeira para mobilizar terra agraria

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG o decreto correspondente, para poñer en valor 11,58 hectáreas entre os concellos ourensáns de Ribadavia e Cenlle

10/06/2026 | 14:21 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia os proxectos de difusión dos destinos turísticos enogastronómicos na área de Vigo

A delegada territorial de Xunta visitou este mércores a Bodega La Val tras abrir novos espazos dedicados a recepción de visitantes, catas e degustacións

09/06/2026 | 18:33 | C. do Medio Rural

Medio Rural avalía cos comuneiros de Vincios a posible creación dun pasteiro nos seus montes

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias explicou hoxe aos representantes da comunidade de montes veciñais en man común os trámites a seguir para desenvolver a iniciativa e reforzar así o pastoreo en extensivo con razas autóctonas

09/06/2026 | 12:39 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza a súa aposta pola formación da rama agraria cun 5 % máis de prazas e un novo ciclo no CFEA Pedro Murias de Ribadeo

A conselleira María José Gómez visitou hoxe este centro de formación, que no curso 2026-2027 impartirá o ciclo en Gandaría e Asistencia en Sanidade animal en réxime dual intensivo

08/06/2026 | 19:42 | C. do Medio Rural

Medio Rural organiza en Bilbao un novidoso evento para promover a creación de redes de contacto entre profesionais do sector agroalimentario de calidade

Trátase da iniciativa El Sabor de Galicia a un click, que contou coa presenza de 22 empresas galegas que ofrecen unha representación da versatilidade da nosa gastronomía

08/06/2026 | 19:35 | C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta enxalza o valor da gastronomía galega nunha nova edición do evento solidario Estrelas no Camiño de Santiago

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, cualificou Galicia como “unha auténtica potencia gastronómica”, poñendo como exemplo as 36 denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas recoñecidas na nosa comunidade

08/06/2026 | 16:20 | C. do Medio Rural

Medio rural apoia a Bodegas Forjas do Salnés cunha achega de case 440.000 euros para a mellora das súas instalacións

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros asistiu hoxe á inauguración no concello de Meaño