Actualidade
Buscador de novas
A Xunta estima que a obra de mellora do abastecemento a Ribadeo se adxudicará no primeiro semestre de 2026
A intervención prevista, que ten un prazo de execución de 15 meses, beneficiará a unha poboación potencial de aproximadamente 10.000 habitantes
A Xunta anima aos concellos a acollerse ás liñas de axudas que lanzará este ano en materia de augas por importe de preto de 9,3 millóns de euros
Ángeles Vázquez salienta que Augas de Galicia publicará neste trimestre oito ordes de axudas destinadas a entidades locais, particulares, comunidades de usuarios de traídas veciñais e entidades sen ánimo de lucro
A Xunta inviste preto de 70.000 euros para a mellora da rede de abastecemento de auga no Piñeiro de Areas, en Covelo
Os traballos consistiron na construción dunha nova edificación e depósito de augas e na mellora do sistema de distribución
A Xunta amplía ata os 4,1 M€ o orzamento para a obra de mellora da rede de saneamento no río Lameira, en Marín
Entre as intervencións previstas, que se prevé que estean operativas antes do próximo verán, destacan a renovación dun dos colectores chave para o sistema, a construción dun novo depósito de retención que regulará e rebaixará os caudais de augas pluviais que chegan á EDAR e a mellora da estación de bombeo
A Xunta e o Concello de San Cristovo de Cea destinarán 1 M€ á mellora e posta en marcha da EDAR municipal
Ángeles Vázquez explica que esta actuación permitirá resolver as deficiencias técnicas que presenta a actual infraestrutura municipal, así como dotala de sistemas tecnolóxicos que garantan un funcionamento automatizado e eficiente
A Xunta avanza nas obras de reparación da presa de Eiras para asegurar o abastecemento de auga a Vigo e á súa área metropolitana
A actuación, cun investimento de preto de 2,3 M€, consiste na substitución das catro válvulas -dúas delas moi danadas- que regulan o fluxo de auga que se envía á ETAP do Casal como paso previo á subministración a 400.000 persoas da contorna
A Xunta instala 14 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación no rego de Aneiros, en Ferrol
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento
A Xunta fai públicas as 471 aglomeracións urbanas identificadas en Galicia para garantir a xestión coordinada dos sistemas de saneamento e depuración
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución co acordo do Consello polo que se aproban estas aglomeracións e se dispón a súa publicación no correspondente rexistro, unha ferramenta creada pola Lei de mellora do ciclo integral da auga
A Xunta completa a mellora da rede de abastecemento da Laracha cun investimento total de 1,85 M€
Ángeles Vázquez destaca que máis de 11.200 veciñas e veciños se beneficiarán das novas infraestruturas, que solucionarán os problemas de presión nalgunhas zonas e a falta de capacidade de almacenamento de auga ante o aumento da demanda
A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis de 7 quilómetros nos ríos Mandeo, Mendo e Xerpe, nos concellos de Betanzos e Paderne
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de cinco semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos