Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 278 novas da área temática Inclusión:

01/02/2026 | 16:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta o papel das asociacións de mulleres na defensa de intereses colectivos

Ángeles Vázquez pon en valor valor o tecido asociativo no rural como punto de encontro no que abordar casos similares, compartir experiencias de éxito e de fracaso, e poder atopar solucións

01/02/2026 | 11:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta chegou o ano pasado a preto de 23.000 persoas a través das accións informativas, formativas e de sensibilización dos centros Quérote+

Ademais, este servizo público desenvolveu máis de 530 obradoiros dirixidos á mocidade e ás familias en centros educativos, concellos e entidades

31/01/2026 | 16:07 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o apoio financeiro que a Xunta presta este ano ás empresas galegas cunha liña de axudas de acceso ao crédito aberta por importe de 19 M€

Estes préstamos bonificados de tres a 15 anos pódense solicitar ata o 30 de setembro por importe de entre 3.000 e 1 M€ para investimentos produtivos ou circulante

31/01/2026 | 14:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre unha nova casa do maior en Fisterra, a terceira neste concello

Neste servizo aténdese de maneira gratuíta a persoas maiores en situación de dependencia moderada, co obxectivo de favorecer un envellecemento activo e saudable

29/01/2026 | 15:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a implicación de toda a comunidade educativa do CPI de Castroverde na atención á diversidade, a innovación e a igualdade

O conselleiro de Educación, acompañado polo delegado da Xunta en Lugo, coñece os proxectos deste centro, baseados no diálogo, a participación e a inclusión

27/01/2026 | 14:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre hoxe a convocatoria de achegas para programas de atención a mulleres en situación de vulnerabilidade

Esta liña está destinada ás entidades sociais e conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros para iniciativas de apoio, acompañamento ou inserción social

18/01/2026 | 10:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta renova o seu compromiso para potenciar actividades inclusivas co colectivo de persoas xordas

A Fundación Cidade da Cultura e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia asinan un novo convenio para promover a accesibilidade á programación do Gaiás nos próximos dous anos