Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.534 novas da área temática Deporte:

28/05/2026 | 12:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a Ruta Castrexa de Mototurismo, que discorrerá por 12 concellos lucenses o próximo 13 de xuño

Nesta sexta edición propón un percorrido de arredor de 450 quilómetros polo patrimonio natural e cultural da provincia con especial protagonismo para os Camiños Xacobeos

27/05/2026 | 20:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo recibe ao Marineda Hockey feminino tras unha tempada histórica co ascenso á OK Liga e a conquista da Copa Princesa

Os representantes da Xunta puxeron en valor o éxito deportivo acadado por unha entidade que, en menos dun ano de traxectoria oficial, conseguiu situarse na elite do hóckey a patíns feminino estatal converténdose nun referente do deporte feminino galego

26/05/2026 | 18:14 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Rueda destaca a fazaña histórica do Mecalia Atlético Guardés tras proclamarse campión da EHF European Cup

O titular do Goberno galego recibiu hoxe ao equipo tras converterse no primeiro club galego de balonmán en levantar un trofeo europeo

26/05/2026 | 14:04 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda recibe ao Real Club Deportivo da Coruña para felicitalo polo seu ascenso a Primeira División

Celebra a volta do “Noso Derbi” no “ano de Galicia, o Ano Xacobeo”

26/05/2026 | 12:50 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo destaca o importante papel que xoga o deporte para conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade

O delegado territorial gabou esta iniciativa que reforza o traballo da Xunta en prol do deporte adaptado e inclusivo como demostra o Programa Xogade que xunta a oferta deportiva federada e escolar para os rapaces entre 6 e 16 anos e que garante a participación de todas as persoas con diversidade funcional

26/05/2026 | 08:40 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo e Roberto García felicitan ao Maristas Coruña feminino polo seu histórico ascenso á Liga Feminina Challengue

Ambos destacaron que este éxito é o resultado do esforzo, da constancia e do traballo desenvolvido ao longo dos anos por xogadoras, corpo técnico, directiva, familias e toda a comunidade educativa vinculada ao colexio Maristas

25/05/2026 | 19:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado da Xunta en Lugo participa na presentación do Campionato Galego de Piragüismo de Base que terá lugar o sábado no Incio

Javier Arias destacou o potencial do encoro de Vilasouto para consolidarse como referente dos deportes acuáticos na provincia