Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 517 novas da área temática Emigración:

03/12/2025 | 09:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta pon de relevo o aumento das axudas ao retorno no Uruguai como reflexo do compromiso coas familias galegas do país

Nunha xuntanza coa delegada do Goberno galego no Uruguai, o secretario xeral da Emigración destacou que as achegas ao retorno no país superaron en 2025 os 540.000 euros, entre axudas extraordinarias, a emprendedores e bolsas BEME

02/12/2025 | 14:38 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda pon en valor os 400 galegos do exterior que puideron regresar a Galicia grazas ao programa Retorna Cualifica Emprego

Destaca que se trata dunha iniciativa, pola que xa se interesaron outras comunidades, que permite aos retornados “mellorar as súas oportunidades” e “garante a súa integración”

29/11/2025 | 21:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma en Euskadi o seu apoio á irmandade de Centros Galegos no seu 40º aniversario

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto co gallo da efeméride, onde salientou que os centros galegos de Euskadi “son un exemplo de compromiso, de continuidade e de unidade, mantendo viva a cultura galega”

29/11/2025 | 16:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Montevideo o potencial do talento emprendedor galego e o papel da empresa na ligazón económica entre Galicia e O Uruguai

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao aniversario da Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai, que distinguiu ao emprendedor Manuel Losa pola súa traxectoria e compromiso coa colectividade galega

23/11/2025 | 09:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta destaca o papel do Lar Gallego de Chile e do Estadio Español como símbolos de unión e compromiso coa colectividade do exterior

No marco da viaxe institucional a Chile, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na celebración do 58º aniversario do Lar Gallego de Chile, entidade referente da cultura galega en América Latina 

22/11/2025 | 18:21 | A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica o papel dos centros galegos na proxección da imaxe de Galicia e na conservación das tradicións

Salientou que os centros galegos representan unha galeguidade aberta e integradora

22/11/2025 | 12:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inicia unha viaxe a Chile para reforzar os vencellos coa colectividade galega residente neste país e promover os programas de retorno

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participará nas celebracións do 58º aniversario do Lar Gallego de Chile e no 75º aniversario do Estadio Español