Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 325 novas da área temática Facenda:

02/04/2025 | 15:23 | C. de Facenda e Administración Pública

Corgos afirma que a Xunta seguirá apostando polo “estilo Galicia” que busca aportar certezas e seguridade, cuns orzamentos aprobados en tempo e forma

O conselleiro de Facenda precisou que a estabilidade política e institucional favorece a estabilidade financeira e orzamentaria, o que permitiu recuperar antes que España o nivel de riqueza previo á pandemia e asentar o crecemento por riba do 2% anual

28/03/2025 | 19:11 | C. de Facenda e Administración Pública; C. do Mar

Mar completa en Viveiro a posta en marcha das oficinas Es.Mar Economía Azul de Galicia que dan servizo a 75 concellos

O conselleiro do Mar remarca que este servizo terá un impacto positivo no desenvolvemento das actividade marítimo-pesqueira da zona, así como na xestión empresarial da mesma, o que repercutirá no impulso da competitividade e a transformación da cadea mar-industria

28/03/2025 | 12:32 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos destaca a contribución dos fondos europeos ao crecemento da comunidade e á mellora da calidade de vida dos galegos

O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugurou a segunda edición da mostra itinerante para dar a coñecer os distintos programas europeos que están en marcha e as oportunidades de financiamento que ofrecen

27/03/2025 | 18:40 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aproba o número 68 da Revista Galega de Administración Pública (REGAP)

Esta tarde reuniuse na Escola Galega de Administración Pública o equipo editorial da Revista

11/03/2025 | 12:36 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos reclama priorizar a actualización do Sistema de Financiamento Autonómico sobre a condonación da débeda

O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu no Parlamento para dar conta sobre a reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira

07/03/2025 | 15:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Facenda e Administración Pública

Xunta e UDC acordan crear un grupo de traballo para elaborar un plan de equilibrio financeiro

Os conselleiros de Educación e de Facenda reúnense co equipo reitoral para fixar o pasos a seguir co fin de corrixir a situación de desequilibrio financeiro herdada e posta de manifesto na liquidación do orzamento de 2023

07/03/2025 | 12:26 | C. de Facenda e Administración Pública

Algo máis de 7.500 persoas están chamadas a participar esta fin de semana nas oposicións para 228 prazas de emprego público

Un operativo formado por unhas 305 persoas controlará que todos os procesos selectivos se desenvolvan de xeito correcto e con total seguridade

06/03/2025 | 10:38 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos apela ao intercambio de coñecemento e á coordinación como elementos clave para a aplicación dun sistema tributario máis xusto e eficiente

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou nas xornadas organizadas pola Atriga sobre a actualización de actuacións no ámbito tributario autonómico galego

28/02/2025 | 11:59 | C. de Facenda e Administración Pública

A economía galega medrou un 2,9% no cuarto trimestre de 2024 en relación ao mesmo período do ano anterior

O PIB galego creceu un 0,8% en relación ao terceiro trimestre do ano e un 2,8% no conxunto do ano pasado

27/02/2025 | 18:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda defende a importancia do apoio ao sector empresarial como impulso dunha Galicia competitiva e innovadora

Salienta as medidas da Xunta para apoiar a inversión, a actividade de autónomos e pemes e a transferencia de coñecemento