Actualidade
Buscador de novas
López Campos anuncia que a Xunta xa está avaliando no terreo a afectación dos incendios forestais no patrimonio cultural
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asegura que xa se teñen identificados os primeiros danos e que agora continuarase cunha análise “polo miúdo” para contar cunha “fotografía precisa”
A Xunta impulsa o diálogo entre a moda e o labor das colareiras para poñer en valor o patrimonio cultural e creativo deste oficio artesanal
Co apoio da Fundación Artesanía de Galicia, a marca de roupa Carmen 17 lanza hoxe unha colección cápsula en colaboración coa artesá Montse Betanzos (O Grove) na que se reivindica a importancia das colareiras da Toxa como creadoras
A Xunta fomenta o coidado do patrimonio cultural na xuventude a través da programación estival ‘Modo verán activo’
Como novidade este ano, inclúese a experiencia no xacemento das Torres, onde poden colaborar con tarefas divulgativas de catalogación e documentación
López Campos salienta o papel das romarías para reforzar a cultura e o patrimonio popular de Galicia
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa no Día Grande dos Milagres, no Santuario de Baños de Molgas, declarado monumento histórico-artístico nacional
A Xunta reúne no parque arqueolóxico de Campo Lameiro especialistas internacionais na arte rupestre
As instalacións acollen os vindeiros 20 e 21 de setembro unhas xornadas nas que participan expertos en petróglifos de Galicia, Irlanda, Escocia e Portugal
A Xunta erixe o xacemento romano Aquis Querquennis como referente do potencial do patrimonio no turismo cultural de Galicia
López Campos salienta o “apoio incondicional” do Goberno galego na recuperación, conservación e posta en valor deste Ben de Interese Cultural
Belén do Campo supervisa o resultado das obras de mellora da igrexa de Santa Eufemia de Vilouchada que contaron cun apoio da Xunta de máis de 18.000€
A delegada da Xunta e a alcaldesa comprobaron o resultado desta actuación nunha igrexa protexida ao ter consideración de ben catalogado
A Xunta iniciará nas vindeiras semanas os traballos na capela da Venerable Orde Terceira da Coruña
A actuación trata de resolver os problemas de seguridade estrutural e estanquidade da cuberta das edificacións anexas á igrexa
As novas escavacións no Castro de Viladonga sacan á luz a primeira moeda romana da 'caetra' localizada no xacemento
O achado reforza a teoría da relación que tivo este xacemento castrexo coa cidade romana de Lucus Augusti xa dende unha época moi temperá, segundo os expertos
Os traballos impulsados pola Xunta na Igrexa de Esperante en Lugo sacan á luz unha ventá do prerrománico asturiano
Ángel Miramontes salienta o “relevante do achado” que será analizado por especialistas para poder “facer as interpretacións oportunas”