Actualidade
Buscador de novas
María José Gómez destaca a execución nun 99,3% de fondos do programa de desenvolvemento rural, por riba da media nacional e europea
Salientou que este programa mobilizou máis de 1.600 millóns de euros de investimento público no rural galego
Belén do Campo destaca a boa acollida en Vilasantar entre os 55 alumnos participantes no programa de distribución de leite e froitas nas escolas no curso 25/26 para fomentar hábitos saudables
Esta liña de subvencións da Consellería do Medio Rural, en concorrencia non competitiva, contou este curso cun orzamento superior ao millón de euros para toda Galicia
Un total de 41 proxectos recibirán 2,1 M€ para a creación de novos empregos e dinamizar o rural
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG a resolución pola que se dá publicidade a estas axudas, que supoñen a mobilización de arredor de 5,2 M€
Belén do Campo destaca o apoio da Xunta que recibirá o Concello de Frades para modernizar a súa potabilizadora municipal cun investimento de ao redor de 600.000€
A delegada da Xunta destacou a importancia da colaboración institucional entre ambas administracións para dar resposta ás demandas dos veciños de Frades e avanzar na mellora das infraestruturas e servizos públicos do municipio mentres que o alcalde lle trasladou as necesidades do seu concello
María José Gómez define o novo proxecto de Casa Grande de Xanceda como exemplo de innovación pegada ás raíces
A conselleira do Medio Rural valorou así a iniciativa desta empresa, que presentou hoxe a súa nova Kombuchería, na que elabora a kombucha de maneira artesanal, fermentada lentamente e producida integramente en Galicia
María José Gómez enxalza o papel referente de Bodegas Granbazán dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas
A conselleira do Medio Rural participou hoxe no acto polo 45º aniversario desta adega, celebrado nas súas instalacións de Vilanova de Arousa