Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.370 novas da área temática Cultura:

07/08/2026 | 12:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta impulsa en Riaxo unha nova edición de Titiribeira, cita referente da creación e do patrimonio dos monicreques tradicionais en Galicia

O festival recibe unha achega de máis de 20.500€ da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, dentro da liña de apoio de 290.000€ a 13 citas profesionais de artes escénicas

07/08/2026 | 12:18 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta leva os oficios artesanais a Folgoso do Courel a través de cursos de formación e de obradoiros gratuítos para todos os públicos

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a sexta edición do evento ‘Artesanía de Galicia no Courel’, que se desenvolve ata o domingo

06/08/2026 | 16:14 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo anima á cidadanía a visitar a Feira do Libro da Coruña que pechará as súas portas o luns 10 de agosto

A delegada da Xunta destaca o papel desta cita na promoción da lectura e no apoio ao sector libreiro e editorial galego

06/08/2026 | 14:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Manuel Pardo salienta o compromiso da Xunta coa normalización lingüística a nivel local

O delegado da Xunta salientou que a estas axudas, convocadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude están en liña coas medidas incluídas no Pacto pola Lingua e na actualización do Plan de normalización da lingua galega

06/08/2026 | 14:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Ana Ortiz e Anxo M. Lorenzo destacan a figura de Carlos Oroza na presentación da escultura que se instalará nos xardíns de Montero Ríos de Vigo

A delegada territorial e o director xeral de Cultura asistiron ao acto organizado pola Asociación Évame Oroza no lugar onde se instalará a estatua en novembro

06/08/2026 | 12:52 | C. do Mar

O 'Movemento Azul' da Xunta remata a rolda de campamentos de verán en Entrimo ensinando aos máis pequenos ás profesións do mar

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou hoxe o campamento autonómico Penedos de Xacinto, no que preto de cen escolares se familiarizaron con estes oficios e coa economía azul

06/08/2026 | 12:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia a incorporación do Auditorio de Marín ao circuíto autonómico de espectáculos

O representante da Xunta destaca a importancia desta inclusión para que o concello pontevedrés conte cunha “programación escénica estable e de calidade”