Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.746 novas da área temática Emprego:

04/06/2026 | 11:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza o pulo á integración laboral das persoas con discapacidade e en risco de exclusión coas axudas de 2026 á contratación de persoal preparador

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria deste ano do programa de emprego con apoio, ao que se destinan 450.000 euros

04/06/2026 | 11:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta premia o traballo de sete centros educativos na promoción do cooperativismo e da economía social

O DOG publica hoxe a resolución do certame Cooperativismo no ensino 2026, con modalidades dirixidas ao alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria e Educación Especial, así como de FP e Ensinanzas de Réxime Especial

03/06/2026 | 14:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Sanidade

Pablo Fernández aposta pola concordia para facer fronte ao impacto económico e social do absentismo laboral

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, participou nun almorzo do Foro de Empresa centrado nesta temática

02/06/2026 | 21:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca as oportunidades para o tecido empresarial que abre a nova liña de axudas para rehabilitar vivendas para traballadores no rural

José González pon en valor o bo momento que atravesa o mercado laboral da provincia de Ourense, con 13.453 persoas no paro, o mellor maio desde que hai rexistros, e 109.185 cotizantes, o maior número neste mes desde 2008

02/06/2026 | 18:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo salienta o apoio da Xunta aos centros especiais de emprego cunha nova orde para o 2026 de 27 M€ para favorecer a inclusión laboral das persoas con discapacidade

A delegada da Xunta visitou esta mañá as instalacións de Hornos Lamastelle un dos centros beneficiarios da pasada convocatoria destas axudas por un importe de máis de 646.000 euros

02/06/2026 | 11:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia pecha o mellor maio da serie histórica con 1.111.867 afiliados á Seguridade Social e 109.355 persoas desempregadas

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, valorou hoxe os últimos datos do paro e cotizantes á Seguridade Social destacando que a nosa Comunidade ten 17.061 afiliados máis que en maio de 2025

02/06/2026 | 10:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta polo benestar laboral na quinta edición do seu programa Responsabilízate a prol da sustentabilidade das pemes galegas

O DOG publica hoxe a nova andaina desta iniciativa pioneira en España de asesoramento personalizado e gratuíto da que xa se beneficiaron case 700 pemes, de eidos como a construción, a asesoría, os sectores primarios, as TIC ou o turismo

01/06/2026 | 12:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca que a Xunta apoia catro obradoiros de emprego no Barbanza cun investimento próximo aos 2 M€ para formar a 80 desempregados

A delegada da Xunta participou na inauguración do obradoiro de emprego dual de Noia-Lousame e Outes que formará a 20 persoas, durante 9 meses, en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e en actividades auxiliares en aproveitamentos forestais