Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recibe seis ofertas para a redacción do proxecto de construción de 12 vivendas públicas en San Cibrao das Viñas
O departamento que dirixe María M. Allegue estima en 2,3M€ o investimento total que suporá a construción deste novo inmoble, que se sitúa nunha parcela cedida polo Concello
A Xunta planifica máis de 5.000 vivendas na Coruña para 2028
Allegue salienta as 700 vivendas en diferentes zonas da cidade: 104 xa en construción en Xuxán e as máis de 500 protexidas á espera da aprobación da modificación do PXOM, ademais das 58 nos Rosais, 32 en Pedro Fernández e 11 en Porticada; isto unido ás que están en rehabilitación: 7 fogares en 2 inmobles nas rúas San Andrés, xa en obras, e Santa María, ao abeiro do Programa Rexurbe; ás que sumarán máis de 4.300 en Monte Mero
A Xunta finaliza a demolición do edificio do Hotel de Pacientes do Chuac na Coruña
A demolición da estrutura e a fachada do inmoble de 10 plantas realizouse en tres semanas trala intervención de maquinaria pesada
A Xunta inviste máis de 200.000 € na humanización das prazas de San Antonio, do Cruceiro e de San Roque no concello de Coristanco, ao abeiro do Plan Hurbe
As intervencións permitiron unificar os distintos espazos e mellorar a accesibilidade
A Xunta destaca as vantaxes das entidades de certificación de conformidade municipal para axilizar as licenzas urbanísticas e facilitar o acceso á vivenda
Allegue fai fincapé na axilización, simplificación e redución dos tempos, tanto para os particulares que soliciten os servizos das ECCOM, como para os concellos
A Xunta e Proxecto Terra lanzan o concurso escolar ‘Amosando e protexendo o noso territorio’ e a nova edición de ‘Eu son inspect@r urbanístic@. Coida do territorio. Coida do teu’
A través da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística impúlsanse estas dúas iniciativas educativas para o curso 2025-2026 co obxectivo de sensibilizar ao alumnado galego sobre a importancia da preservación e protección da paisaxe e do territorio