Actualidade
Buscador de novas
Ángeles Vázquez insta a preservar os océanos polo seu papel clave para mitigar os efectos do cambio climático
Salienta que o coidado do mar debe ser unha responsabilidade compartida nunha comunidade como Galicia, con 2.555 km de costa e na que forma parte da súa identidade
A Xunta ofrece 368 rutas guiadas con arredor de 5.400 prazas para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas entre os meses de xuño e setembro
As visitas son de balde pero as persoas interesadas deberán facerse cargo do custo do transporte ata as illas e inscribirse previamente na web da central de reservas ou ben de forma presencial nas casetas de información que hai en Cíes e en Ons
A Xunta defende un modelo de xestión do litoral en Galicia que se adapte ao territorio e transforme o coñecemento científico en accións en materia de clima
Paula Uría salienta que fronte á visión do litoral do Estado, que prima a prohibición e a restrición, a Xunta conta cunha lei que aposta por un modelo en clave galega, avalado polo Constitucional e baseado na integración económica, ambiental e social
A Xunta pon en valor o talento da mocidade galega para o deseño de proxectos innovadores e sostibles cos que mitigar os efectos do cambio climático
Ángeles Vázquez salienta o papel dos máis novos na innovación climática grazas ás súas ideas, a súa creatividade a súa forma distinta de ver o mundo
A Xunta mobilizará máis de 2,1 M€ no período 2025-2027 co Plan de conservación dos recursos xenéticos agrarios
Así o destacou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, na súa comparecencia, a petición propia, na Comisión 7ª do Parlamento para informar sobre este programa
A Xunta consolida un modelo integral de xestión de residuos baseado no apoio aos concellos, a concienciación cidadá e a aposta pola dixitalización
María José Echevarría sinala que este modelo pasa por unha xestión máis sostible dos residuos, sustentada na prevención como primeira opción e co tratamento dos biorresiduos como principal reto inmediato
Martina Aneiros destaca o compromiso da Xunta coa conservación e protección da píllara das dunas
A acción enmárcase dentro do programa de incubación artificial de ovos e cría de polos non voandeiros que desenvolve a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela
Manuel Pardo subliña os máis de 940.000 € que a Xunta destina a 23 concellos ourensáns para reducir as infiltracións nas redes de saneamento
Manuel Pardo supervisou o estado das obras para a rehabilitación de colectores con infiltracións e de dixitalización de infraestruturas de saneamento, na que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático investiu preto de 45.000 euros, ao abeiro desta orde de axudas no ano 2025
Medio Rural inaugura no viveiro público dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia
A conselleira María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal e por un grupo de estudantes, percorreu o itinerario no marco do Día Mundial do Medio Ambiente