Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Portos:

14/08/2025 | 11:13 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto de Portos de Galicia para dragar a canle de acceso e a dársena pesqueira do peirao de Foz

A resolución, que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, inclúe condicionantes co fin de minimizar e compensar os posibles impactos que as actuacións poidan ter nos distintos elementos existentes na contorna

04/08/2025 | 11:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia comisa máis de 20 quilos de ameixa en Ferrol

É o resultado dun operativo contra o furtivismo que se saldou coa tramitación de dez actas de sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia

03/08/2025 | 14:19 | C. do Mar

Marta Villaverde destaca que a Festa do Mexillón de Rianxo sitúa a gastronomía local e o tecido asociativo deportivo como aliados na economía azul

Apoiado pola campaña GALICIA SABE AMAR, este evento pon en valor a toda a cadea mar-industria e ao sector da miticultura que en 2024 facturou 128,6M€

03/08/2025 | 10:56 | C. do Mar

Portos de Galicia autoriza ao Club Náutico de Beluso a ocupación de 20 departamentos e servizos múltiples para pañol e vestiarios da escola de vela

Con este trámite, o ente público, dependente da Consellería do Mar, renova á entidade deportiva este permiso por outros catro anos

02/08/2025 | 15:31 | Axencia de Turismo de Galicia

O Porto Náutico de Portosín loce bandeira azul e os distintivos de Q de Calidade e S de Sostibilidade na súa aposta pola promoción do turismo náutico

Xosé Merelles participou no acto de izado e tamén na bendición de novas embarcacións de recreo do Real Club Náutico de Portosín

02/08/2025 | 14:16 | C. do Mar

Mar colabora coa confraría de Lira na promoción dos produtos da Reserva Mariña `Os Miñarzos`

Este apoio é unha das accións incluídas na programación do Fempa, a través do que a rula recibiu o pasado ano preto de 250.000 euros