Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.430 novas da área temática Administración pública:

08/06/2026 | 18:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Fondo de Cooperación da Xunta permitirá ao Concello de Outeiro de Rei a construción dunha nova edificación para habilitar un centro de día

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financiará as obras desta nova edificación e a rehabilitación dunha edificación auxiliar existente na parcela situada no núcleo urbano do municipio lucense, no encontro das rúas de Manuel María e do Pazo

06/06/2026 | 10:11 | C. de Facenda e Administración Pública

O nodo CIBER.gal reúne o vindeiro martes en Ourense a especialistas para analizar a ciberseguridade empresarial

A xornada, coorganizada pola Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), abordará as capacidades da rede de laboratorios e centros demostradores en ciberseguridade

05/06/2026 | 18:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo mantén unha reunión co alcalde de Negreira para abordar investimentos e axudas autonómicas no municipio

A delegada da Xunta subliñou que este conxunto de apoios amosa o compromiso da Xunta cos concellos galegos e co reforzo dos servizos públicos locais, especialmente no ámbito do emprego, a cultura e a seguridade

05/06/2026 | 14:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Manuel Pardo subliña os máis de 940.000 € que a Xunta destina a 23 concellos ourensáns para reducir as infiltracións nas redes de saneamento

Manuel Pardo supervisou o estado das obras para a rehabilitación de colectores con infiltracións e de dixitalización de infraestruturas de saneamento, na que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático investiu preto de 45.000 euros, ao abeiro desta orde de axudas no ano 2025 

04/06/2026 | 15:30 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta acomete un profundo proceso de transformación e modernización da xestión dos recursos humanos para facer fronte aos novos desafíos do emprego público

A directora xeral de Emprego Público e Administración de persoal, Nuria Aguilar, compareceu na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos

04/06/2026 | 13:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Trazo colaborarán para mellorar a área recreativa de Chaián

Entre outras accións, está previsto plantar árbores e arbustos nunha illa inundable da contorna co obxectivo de crear un espazo de sombra que axude a mitigar a calor no verán nesta zona intermedia 

04/06/2026 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes