Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 718 novas da área temática Cooperación:

06/02/2026 | 12:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra nun encontro con bolseiros BEME que está aberta a convocatoria deste ano coa que acadará os 2.000 mozos e mozas retornados

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda mantivo un encontro con alumnos beneficiarios das BEME que cursan os seus másteres no Campus de Ourense no que tamén estivo o delegado territorial da Xunta na provincia, Manuel Pardo

04/02/2026 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
03/02/2026 | 17:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste máis de 1,4 millóns nos cursos AFD que se imparten no Concello de Pontevedra

O delegado territorial visitou esta mañá as instalacións de Ara Negocios e puxo en valor o papel da formación para mellorar a empregabilidade

03/02/2026 | 17:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia participa na segunda edición do Foro Celta para fomentar a cooperación entre rexións do atlántico europeo

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asistiu ao Foro, que reuniu en Glasgow a nacións e rexións de tradición celta e que contou coa participación de Galicia xunto con Escocia, Irlanda, Gales, Cornualles, Illa de Man e Bretaña

03/02/2026 | 12:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia inicia 2026 con 6.176 persoas desempregadas menos e 16.737 afiliacións máis á seguridade social que hai un ano

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, valorou hoxe os datos de desemprego e afiliacións rexistrados en xaneiro, no que a comunidade rexistrou 115.144 persoas desempregadas e 1.083.826 cotizantes á Seguridade Social

31/01/2026 | 14:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre unha nova casa do maior en Fisterra, a terceira neste concello

Neste servizo aténdese de maneira gratuíta a persoas maiores en situación de dependencia moderada, co obxectivo de favorecer un envellecemento activo e saudable

31/01/2026 | 13:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Deputación de Ourense afondarán na súa colaboración para potenciar os mercados de abastos da provincia como dinamizadores da economía local

O conselleiro e o presidente provincialdefiniron as obras de mellora da praza de Xinzo, nas que cooperan o Goberno galego, a Deputación de Ourense e o Concello, como un modeloa replicar no resto de prazas ourensás