Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o Concello de Baiona destinarán 2,7 M€ á modernización da estación de tratamento de auga potable municipal para atender a máis de 30.000 persoas
Tras lembrar que esta infraestrutura foi construída nos anos 90, Ángeles Vázquez salienta que a actuación prevista permitirá resolver as limitacións da ETAP, mellorar a calidade da auga e ampliar nun futuro a súa capacidade de tratamento
O Goberno Galego avanza na transición enerxética da comunidade a través dunha nova convocatoria de axudas para minimizar as perdas de auga
A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou no Concello de Fene as actuacións realizadas grazas ás axudas de Augas de Galicia
A Xunta e o Concello de Trazo colaborarán para mellorar a área recreativa de Chaián
Entre outras accións, está previsto plantar árbores e arbustos nunha illa inundable da contorna co obxectivo de crear un espazo de sombra que axude a mitigar a calor no verán nesta zona intermedia
A Xunta pon en valor a colaboración da Asociación de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos na recollida de residuos de aparatos eléctricos
Ángeles Vázquez salienta a importancia dunha correcta xestión destes residuos para avanzar cara a un modelo de economía circular
A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto para instalar unha nova terminal de almacenamento de betume no porto de Vilagarcía de Arousa
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actividade teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas renovan a súa colaboración para mellorar a accesibilidade aos espazos naturais e poñer en marcha accións de voluntariado ambiental inclusivo
Ángeles Vázquez incide en que ambas institucións levan xa seis anos traballando da man para avanzar na supresión de barreiras comunicativas e favorecer a integración das persoas xordas e xordo-cegas a través de distintas iniciativas nestas áreas
Manuel Pardo destaca o esforzo da Xunta pola conservación do seu patrimonio natural
O delegado territorial salientou a achega de 3.250 euros da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinada a sufragar diferentes tipos de intervencións para garantir a conservación do ‘Gran Castiñeiro de Surribas’
A Xunta culmina unha nova edición do programa de educación ambiental ‘O Parque Nacional na Escola’ coa participación duns 2.000 estudantes de 53 colexios
A iniciativa, posta en marcha no ano 2012, está aberta á centros educativos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional da área de influencia do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas
O mercado circular da Xunta chega a Santiago esta fin de semana para promover o consumo responsable e a necesidade de alongar a vida útil dos produtos
Ángeles Vázquez salienta a boa resposta da cidadanía ao evento, xa que se cubriron os 80 postos dispoñibles para participar como vendedor, e asegura que varios municipios contactaron coa Consellería para acoller a iniciativa en próximas edicións
A Xunta contabilizou no que vai de ano máis de 12.800 raios, o 80% de todos os rexistrados durante 2025
Ángeles Vázquez explica que o 42% dos raios rexistrados ao longo destes cinco meses caeron a pasada fin de semana e, ademais, o venres 22 de maio e o domingo 24 foron as xornadas con máis raios de todo o ano