Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia a celebración do Campionato Galego de Karate cadete, junior e sub-21 e III Copa Master 2026 que terá lugar en Ferrol esta fin de semana
A delegada de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na presentación do evento que reunirá no pavillón de Esteiro a máis de 200 deportistas
A Xunta abre mañá o prazo para que os concellos costeiros poidan pedir autorización para explotar servizos de tempada no seu litoral en 2027
Por segundo ano desde que asumiu a xestión plena da costa, o Goberno galego tramitará de forma directa estas solicitudes no dominio público marítimo-terrestre
Ana Ortiz cifra en 78 millóns os investimentos da Xunta bloqueados polo Concello de Vigo
A delegada da Xunta en Vigo alerta de cinco grandes proxectos do Goberno galego paralizados por decisión municipal
Valentín García destaca o “papel fundamental do eido dixital no uso e prestixio da lingua”
Sinala que a actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega “presta especial atención ás tecnoloxías como novas formas de comunicación entre as xeracións máis novas”
Gómez Caamaño advirte dos efectos dramáticos da folga contra o Estatuto Marco do Goberno de España, cunha caída do 14,2 % das cirurxías ata xuño, pero coa realización de 1.539 operacións urxentes máis
Fronte ao descenso da actividade cirúrxica programada, as intervencións urxentes incrementáronse ata acadar as 15.836 operacións, un 10,8 % máis
A Xunta e o concello da Lama asinan o convenio de colaboración para a reforma do centro de saúde do municipio cun investimento conxunto de 225.000 euros
As actuacións que se levarán a cabo permitirán eliminar as humidades e mellorar a eficiencia enerxética, ademais de modernizar o centro adaptándoo ás necesidades actuais en materia sanitaria e de accesibilidade
A Xunta recupera restos da idade do bronce na Cova Eirós que certifican o seu uso funerario
Os achados pertencen á campaña arqueolóxica impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Universidade de Santiago, da de Oviedo e da Rovira i Virgili de Tarragona
Anxo M. Lorenzo salienta a contribución do Museo Etnolóxico de Ribadavia a “recuperar e preservar o patrimonio inmaterial da comarca do Ribeiro”
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destaca a “programación próxima” do centro da Xunta “procurando a participación da veciñanza”
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á instalación dun campamento turístico en Cuntis
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada