Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.093 novas da área temática Agricultura e gandería:

11/12/2025 | 15:58 | C. do Medio Rural

A Xunta paga esta semana máis de 125 M€ da PAC de 2025 aos agricultores e gandeiros galegos

A conselleira do Medio Rural destacou hoxe esta cifra, coa que se procede a aboar o 90% das axudas directas e o 100% das destinadas a zonas con limitacións naturais

11/12/2025 | 12:41 | C. do Medio Rural

Medio Rural promove os hábitos saudables entre nenos e mocidade cun programa de reparto de froita, leite e castaña en centros escolares

A conselleira María José Gómez visitou hoxe o IES do Camiño, un dos beneficiarios desta liña de achegas que neste curso 2025/2026 conta cun orzamento de algo máis dun millón de euros

10/12/2025 | 18:07 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 11,3 M€ a apoiar 346 proxectos de desenvolvemento rural coa medida Leader en 2025

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural coa relación de beneficiarios 

10/12/2025 | 16:19 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres na localidade lucense de Xove

Este foco corresponde a cinco exemplares de gaivota patiamarela, que foron trasladadas ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de O Veral

10/12/2025 | 15:18 | C. do Medio Rural

Medio Rural organiza as xornadas profesionais Castaña con selo, o sabor galego para analizar a situación deste sector na comunidade

Ao encontro asistiron representantes de toda a cadea de valor da castaña, nun espazo de diálogo no que se puxeron en común inquedanzas e novas propostas para seguir avanzando neste eido

10/12/2025 | 14:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda defende en Bruxelas unha maior cogobernanza das rexións na xestión de fondos europeos e máis recursos para o sector primario

Reivindica a denominada Declaración Galicia, aprobada a finais de outubro en Santiago de Compostela e que reflicte a posición da delegación española ante a proposta do futuro Marco Financeiro Plurianual 2028-2034

09/12/2025 | 16:19 | C. do Medio Rural

Belén do Campo pon en valor na súa visita á adega Chaos o apoio do Goberno galego ao sector vitivinicola a través das diversas liñas de axuda

Esta adega recibiu unha achega de máis de 143.000 euros da orde para investimentos na elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para acometer unha reforma da nave principal ademáis de para a instalación de equipamentos destinados á elaboración de viño

07/12/2025 | 18:01 | C. do Medio Rural

Medio Rural colabora cos veciños de Benquerencia para acondicionar o edificio do Canteiro

A conselleira María José Gómez asistiu hoxe ao acto da recepción das obras de remodelación desta edificación, situada no concello lucense de Barreiros