Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Industria:

26/09/2025 | 14:28 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica Galicia como comunidade líder en produción nacional de proteínas coa nova planta de Curtis

Destaca que o investimento permitirá a creación de 55 empregos directos, a maioría indefinidos

25/09/2025 | 17:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia avoga en Bruxelas por incrementar o investimento en redes eléctricas para favorecer a descarbonización no sector siderúrxico

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, apoiou o Plan Europeo de Acción para o Aceiro e os Metais que busca reducir os gastos enerxéticos no sector industrial

25/09/2025 | 10:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza os lazos coas empresas galegas asentadas en Florida e destaca o seu papel como embaixadoras do espírito emprendedor galego

José González iniciou a súa primeira visita institucional ao país norteamericano cun encontro con representantes da comunidade galega asentada en Miami para reforzar vínculos e difundir as oportunidades de retorno

24/09/2025 | 15:55 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que a Xunta comeza a traballar xa con todos os interesados en instalarse no polígono de Bértoa (Carballo) para coñecer as súas necesidades

Sinala que a recente aprobación no Consello da Xunta do Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (PEOSE) deste parque vai permitir incrementar a súa superficie en máis dun 50 por cento, cun investimento que ascende aos 28 millóns de euros e coa previsión de comezar as obras a principios do ano 2027

20/09/2025 | 21:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o compromiso de Atave coa formación como ferramenta clave para a retención de talento e a remuda xeracional das empresas do sector

José González destacou a colaboración con esta entidade na execución de accións formativas para persoas desempregadas (AFD), subliñando que a asociación empresarial é tamén centro formativo acreditado

20/09/2025 | 14:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta reafirma en Xapón o seu obxectivo de facer de Galicia un polo de atracción de investimento industrial

 “Todo proxecto con interese por instalarse en Galicia vai atopar ao outro lado unha Administración coa man tendida e disposta a ofrecer solucións e garantías”, apunta

20/09/2025 | 14:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo a aposta da 12ª ‘Pont-Up Store’ polo emprendemento innovador ligado ao territorio

José González destacou as 40 iniciativas que participan nesta edición da feira para presentar as súas ideas de negocio, que botan man da Intelixencia Artificial, da innovación aplicada a sectores como o agroalimentario ou da artesanía

19/09/2025 | 17:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta anima ás pemes a optar a convocatoria Nexos, con 28 M€ para proxectos de I+D+i colaborativos

A directora da Axencia Galega de Innovación visita a empresa innovadora Kemegal Químicos para recordar que esta liña de axudas estará aberta ata o luns

19/09/2025 | 16:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda defende unha Galicia vertebrada cunha industria forte, sostible e repartida por todo o territorio

Destaca medidas postas en marcha pola Xunta para a cobertura de vacantes e o reto da falta de man de obra cualificada, como a modernización do Servizo Público de Emprego ou o programa Retorna Cualifica Emprego, entre outras