Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca o papel da Feira do viño de Pantón para promocionar a zona e enxalzar a singularidade dos seus caldos
O delegado territorial, Javier Arias, destaca o compromiso do Goberno galego co sector vitivinícola e co impulso turístico da Ribeira Sacra, con iniciativas como as Rutas dos Viños, que chegan de novo a este destino entre o 29 e o 31 de maio
A Xunta volve situar A Coruña no mapa dos grandes eventos musicais do verán co apoio ao Festival Noroeste Estrella Galicia dos Concertos do Xacobeo
O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, participou hoxe na presentación dos primeiros nomes do festival coruñés, que celebrará a súa 39ª edición do 5 ao 8 de agosto na Praia de Riazor, a Praza de María Pita e outras localizacións da Coruña
A Xunta pídelle a Aena esforzo investidor nos aeroportos galegos acorde coas necesidades da comunidade
A directora xeral de Mobilidade e o director de Turismo de Galicia participaron hoxe na reunión do Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia
A Estación de Montaña Manzaneda presenta a nova programación para potenciar o seu atractivo no verán tras un inverno de éxito
O director de Turismo de Galicia, acompañado polo delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, destacou os bos resultados acadados nos meses da estación invernal con cifras de ocupación do 100% nas fins de semana
Turismo de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela acordan colaborar para desestacionalizar e regular os fluxos de visitantes
Xosé Merelles lembra que o Concello conta cun recurso de financiación extra derivado da taxa turística que debe ser xestionado de acordo o co sector
Máis de 30 chefs Michelin converten Galicia nun escaparate gastronómico mundial o vindeiro 8 de xuño co evento de alta cociña Estrelas no Camiño
A iniciativa, que conta co apoio de Turismo de Galicia, pon en valor a cociña galega e contribúe a promocionar o Camiño
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións a un campamento de turismo en San Vicente do Grove
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta inicia a tramitación para a mellora da seguridade do peregrino no Camiño Fisterra Muxía ao seu paso por sete concellos do itinerario
O proxecto ábrese á formulación de alegacións polas persoas afectadas, que terán de prazo 30 días hábiles a partir do 6 de maio
A Xunta destaca os avances na proposta do Goberno galego para captar novas rutas a través da promoción turística en orixe coa incorporación das deputacións provinciais da Coruña e Pontevedra
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes lembrou a proposta da Xunta, que supón sumar ao modelo de negocio un apoio institucional de 100.000 euros para promoción turística por cada nova ruta confirmada e cun máximo de dúas por aeroporto e ano