Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta moderniza o porto de Viveiro coa mellora do pavimento e a instalación de iluminación led
O delegado territorial, Javier Arias, explica que xa concluíu a renovación do firme e o repintado das marcas viarias
A Xunta e as federacións de confrarías manteñen un novo encontro de traballo para afondar na competitividade da pesca galega
A Consellería do Mar celebra este mércores un encontro para analizar o estado actual da tramitación de iniciativas demandadas polas entidades sectoriais e estudar o deseño de novas actuacións
Portos de Galicia chama a respectar o criterio técnico na elección do punto de vertido de áridos para a dragaxe do Lérez
A Xunta lembra que cumpre coa legalidade vixente que prioriza os usos produtivos ao devolver os áridos ao mar por tratarse de material non contaminante dada a baixa concentración de metais pesados confirmada en catro campañas de catas
A Xunta pon de relevo na I ‘Xornada de prevención e seguridade na estiba portuaria’ o seu labor formativo, de asesoramento e control a través da Mesa do naval
José González destacou esta iniciativa da Asociación de empresas estibadoras de Vigo (Asemes) e da Asociación de profesionais de seguridade e saúde laboral de Galicia (Aprosal) sobre unha actividade que considerou fundamental dentro do naval
A conselleira do Mar e o alcalde de Ribadeo estudan novas vías de colaboración para mellorar as infraestruturas portuarias deste municipio
O rexedor local confirmou á responsable autonómica a próxima licitación da reforma da rúa Buenos Aires, no seu acceso ao porto de Mirasol, na que Portos de Galicia prevé un investimento de 480.000 euros