Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 516 novas da área temática Emigración:

12/09/2026 | 14:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta participa na XVI Xuntanza da Federación de Centros Galegos de Andalucía, Estremadura e Ceuta e destaca a vitalidade e unión da comunidade galega

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou no encontro anual dos centros, que este ano se celebrou no Lar Galego de Sevilla

11/09/2026 | 12:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa coas feiras do Brasil o interese no Retorna Cualifica Emprego no que xa se ofertan máis de 750 vacantes á comunidade galega do exterior

José González destaca que a estas citas celebradas o pasado mes de xuño en São Paulo e Salvador de Bahía asistiron en total preto de 2.400 persoas que puideron coñecer as oportunidades de retorno a Galicia

09/09/2026 | 12:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta reafirma o apoio á comunidade galega retornada salientando que este ano se superarán as 1.340 axudas extraordinarias concedidas en 2025

O secretario xeral da Emigración participou hoxe en Caldas de Reis na inauguración da nova sede da Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (AERU)

02/09/2026 | 15:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca en Muxía o éxito do Bono Remuda Rural para garantir a continuidade dos pequenos negocios

A representante do Goberno autonómico destacou que esta iniciativa xa permitiu apoiar 12 negocios na provincia da Coruña e que este ano incrementou o seu orzamento un 20 % para garantir a continuidade do tecido comercial e empresarial galego

26/08/2026 | 17:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o valor da iniciativa Conecta co Voluntariado en Galicia no pulo ao compromiso da mocidade galega do exterior co patrimonio galego

O secretario xeral da Emigración recibiu no aeroporto de Alvedro á mocidade que participa na modalidade cultural do programa Conecta co Voluntariado en Galicia

12/08/2026 | 14:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o papel dos premios Alecrín na divulgación da galeguidade e no reforzo dos lazos coa colectividade galega en Cataluña

José González felicita as persoas e entidades recoñecidas, vinculadas a ámbitos como a música, as artes, a innovación, a comunicación, a promoción da lingua e da cultura, o deporte, a gastronomía ou a emigración

11/08/2026 | 13:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove coas bolsas BEME 2026 o retorno de preto de 250 persoas mozas do exterior que realizarán mestrados nas universidades galegas

As Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior -BEME-, cunha dotación económica que pode alcanzar os 12.500 euros, están destinadas a cubrir gastos de matrícula, desprazamento, aloxamento e manutención durante o período académico en Galicia

07/08/2026 | 21:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración
05/08/2026 | 11:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta de Galicia lanza as axudas específicas ás persoas galegas residentes en Venezuela afectadas polos terremotos de xuño

O DOG publica hoxe a convocatoria destes apoios extraordinarios destinados a axudar a sufragar gastos para paliar a necesidade derivada da perda temporal ou definitiva das condicións de habitabilidade da residencia habitual dos galegos no país caribeño