Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.337 novas da área temática Igualdade:

06/10/2026 | 11:45 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García insta os grupos parlamentarios a buscar o consenso en torno á primeira lei contra o acoso e a violencia dixital de España e Europa

A conselleira explica que a futura norma, que inicia a súa tramitación parlamentaria, contempla apoio xurídico ás vítimas e un servizo gratuíto para eliminar a pegada dixital empregada no acoso

04/10/2026 | 10:04 | C. de Política Social e Igualdade

A campaña Agresión OFF da Xunta contra a violencia sexual chegou xa este ano a preto de 3.000 persoas

No que vai de exercicio realizáronse 39 intervencións en concellos, espazos públicos, centros educativos, entidades sociais ou festas populares

02/10/2026 | 19:03 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon en valor o éxito de ‘Vacacións en Paz’ e destaca que Galicia é unha das comunidades con máis acollementos de nenos saharauís

Destaca o papel clave que xogan das familias galegas, as que agradeceu o seu compromiso e apoio para demostrar que “Galicia é terra de acollida”

01/10/2026 | 16:15 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Fabiola García reivindica a igualdade de xénero como motor de crecemento económico e xeración de oportunidades en Galicia

A conselleira destaca o apoio da Xunta ao talento feminino e ao emprendemento, con 5M€ anuais para impulsar proxectos empresariais de mulleres galegas

01/10/2026 | 12:37 | C. do Medio Rural

Villares subliña as medidas da Xunta de impulso ao emprendemento feminino no foro ‘Activistas do Rural’

O delegado territorial de Lugo participou na xornada que promove o grupo Lence, xunto co director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez

30/09/2026 | 15:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca unha nova edición do concurso de imaxes e pezas audiovisuais dirixido aos centros educativos polo Día contra a violencia de xénero

O certame, aberto ata o 10 de novembro, está dirixido a alumnos de Educación Primaria, Secundaria, Educación Especial, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño

27/09/2026 | 17:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sitúa a carreira Asaltamontes como iniciativa de referencia do asociacionismo feminino

Eloína Ingerto destacou o papel desta comunidade de mulleres que promove a participación das mulleres en disciplinas tradicionalmente masculinizadas

27/09/2026 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo participa na Carreira da Muller da Coruña que reúne a miles de participantes promovendo hábitos saudables, a igualdade e a solidariedade

A proba, cun percorrido de 6,3 quilómetros, converteu o Paseo Marítimo nunha gran marea rosa e volveu demostrar a capacidade do deporte para reunir persoas de todas as idades

25/09/2026 | 15:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o papel da docencia como motor de cambio na construción dunha sociedade máis comprometida coa igualdade

Eloína Ingerto avogou pola colaboración entre administracións e as institucións educativas para seguir dando pasos firmes para rachar as barreiras de xénero