Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta ofrece formación en 22 concellos sobre a configuración e o uso seguro dos teléfonos móbiles
Os cursos sobre Uso seguro do móbil: configuración e protección teñen como obxectivo mellorar a seguridade dixital da cidadanía e están dirixidos especialmente ás persoas maiores
A Xunta consolida a posición de Galicia como referente do Estado en ciberseguridade aplicada ao transporte
A creación, no marco dun RETECH interrexional, de seis laboratorios e centros demostradores, os programas de formación en FP, a actividade do nodo CIBER.gal ou a creación do centro de ciberseguridade de Ourense reflicten esta especialización
O director da Amtega destaca a importancia da cooperación público-privada no ámbito da ciberseguridade
Destacou a posta en marcha a finais da xuño do laboratorio e centro demostrador transversal de ciberseguridade da Xunta, que ofrecerá ás empresas contornas reais nas que probar solucións e anticipar riscos
Máis de 750 liñas de autobús da provincia de Pontevedra contan coa Plataforma Galega de Mobilidade MoBT impulsada pola Xunta
Permite o pago no autobús a través do teléfono móbil, eliminando a necesidade de acudir a unha oficina bancaria, de dispoñer dunha tarxeta e de recargar no caixeiro
Preto do 87 % das empresas tecnolóxicas galegas Emprega Software Libre
Lugo e Ourense lideran a implantación de software libre no sector TIC, superando o 95 % das empresas
Os profesionais da xustiza e a cidadanía galega xa poden acceder á información relativa aos seus procedementos na Carpeta Justicia do Ministerio
Galicia completou a integración que permite consultar nun único punto o estado dos expedientes, as notificacións e os sinalamentos de calquera procedemento do que sexan parte
A Xunta impulsará un Plan de formación especializada sobre violencia dixital destinado a todos os axentes sociais que participan na atención directa ás vítimas
Fabiola García destaca que Galicia será pioneira en España e en Europa ao contar cunha lexislación específica neste ámbito para previr e apoiar as vítimas, que son maioritariamente menores, mulleres e persoas LGTBI
A Xunta presenta ás comunidades e ao Incibe a rede de laboratorios de referencia estatal sobre ciberseguridade industrial e no transporte intelixente
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participou nunha sesión sobre os avances dos proxectos das Redes de Especialización Tecnolóxica no Instituto Nacional de Ciberseguridade
Rueda reivindica os avances de Galicia en materias como as tecnoloxías de alto impacto, a vivenda pública e o turismo sostible
Recorda que o Goberno galego xa está cumprindo o seu obxectivo de duplicar o parque de vivenda pública, e pasar de 4.000 a 8.000 fogares
O futuro Centro de Ciberseguridade consolida a Galicia como territorio de vangarda das novas tecnoloxías
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaron as obras do centro