Actualidade
Buscador de novas
Manuel Pardo supervisa as obras de mellora da capela de San Mauro na Arnoia, nas que a Xunta inviste preto de 195.00 euros
O delegado territorial explicou que con esta actuación preténdese resolver os problemas de estanquidade da cuberta e as afeccións producidas á súa estrutura de soporte de madeira, e de infiltracións de auga por capilaridade na zona da ábsida; solucionar a ausencia de ventilación da igrexa; e mellorar a accesibilidade do acceso principal
A Xunta inicia o procedemento para declarar Ben de Interese Cultural o conxunto simbólico do Pico Sacro
O expediente recoñece o seu valor sobranceiro polo seu uso social, ritual e cerimonial, previsto dunha significación cultural que supera o ámbito relixioso
A Xunta restaurará este verán o teito da Palloza de Galán no Conxunto Etnográfico do Cebreiro
A actuación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude contará con 37.000€ e centrarase na substitución da totalidade da cuberta empregando a técnica do teitado “á facha ou brincallo”
A Xunta inicia o procedemento para declarar Ben de Interese Cultural o campamento romano de Ciadella
O expediente recoñece o seu valor científico e patrimonial, dada a súa excepcionalidade e singularidade, tratándose dun dos xacementos arqueolóxicos romanos máis sobranceiros no territorio galego
A Xunta organiza unha xornada no parque natural da Serra da Enciña da Lastra para dar a coñecer os avances na investigación sobre a Cova do Santo
No ano 2025 un equipo da Área de Prehistoria da Universidade de Santiago, co apoio de persoal do parque, levou a cabo a primeira escavación arqueolóxica sistemática co obxectivo de caracterizar os restos atopados nesta cavidade calcaria, considerada o xacemento da Idade de Bronce con máis restos humanos documentados en Galicia
Ángel Miramontes erixe Galicia como “territorio de referencia na aplicación de estándares internacionais de xestión patrimonial”
A Cidade da Cultura acolle unha xornada para impulsar ferramentas avanzadas neste eido
A Xunta impulsa a comercialización do produto artesán galego nunha nova edición do evento ‘Artesanía de Galicia en Merza’
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou hoxe esta feira promovida en colaboración co taller Eferro dentro do programa de feiras de carácter mensual que se desenvolven desde abril no espazo eferroGhalpón
A Xunta promove a arte nos espazos públicos para fomentar a dinamización e participación cultural
López Campos e Villaverde destacan que estas intervencións artísticas “non só embelecen os contornos urbanos, senón que os revitalizan cultural e socialmente”
Belén do Campo reúnese co presidente da Asociación Histórico-Cultural Bahía Ártabra para coñecer os seus proxectos de divulgación do patrimonio histórico e marítimo
A representante do Goberno autonómico destacou o labor da entidade na recuperación e difusión da memoria vinculada á Coruña e ao seu legado naval
López Campos trasládalles aos alcaldes da Ribeira Sacra o compromiso da Xunta e o Goberno central na defensa da candidatura a Patrimonio Mundial
Destaca os “múltiples argumentos favorables” do informe de Icomos para seguir traballando de cara á consecución dun “reto difícil, pero con posibilidades”