Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 296 novas da área temática Xustiza:

19/12/2025 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
16/12/2025 | 13:02 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova a Sede Xudicial Electrónica e o portal de Xustiza cun novo deseño, máis trámites dispoñibles para a cidadanía e novas prestacións para os profesionais

A sede xudicial electrónica permite agora presentar reclamacións a compañías aéreas, solicitar medidas de apoio a persoas con discapacidade ou acceder ao expediente xudicial no que se é parte

15/12/2025 | 14:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo supervisa o estado das obras de mellora de enerxética no edificio xudicial do Carballiño, ás que a Xunta destina máis de 545.000€

O delegado territorial explicou que esta intervención da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, cofinanciada con Fondos Feder, ten como obxectivo reducir o consumo eléctrico asociado ao uso das instalacións e así loitar contra o cambio climático

15/12/2025 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acometerá o próximo ano obras de mellora da eficiencia enerxética nos xulgados de Monforte, cun investimento de 1 M€

O delegado territorial, Javier Arias, explica que cinco empresas presentaron as súas ofertas no proceso de licitación iniciado o 11 de novembro

12/12/2025 | 12:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 33.000 euros á prestación do servizo de interpretación de signos na Administración de Xustiza

A Plataforma de Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación do contrato para a súa execución nos próximos dous anos

10/12/2025 | 10:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 1,1 M€ aos profesionais da avogacía e da procuradoría polos gastos de funcionamento e infraestrutura da quenda de oficio

O DOG publica a contía deste sistema de compensación, fixado nun 8% do importe total certificado en 2024 polos colexios de avogados e de procuradores da comunidade

06/12/2025 | 11:08 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda aborda coa nova fiscala superior de Galicia os retos aos que se enfronta a xustiza na comunidade

O presidente da Xunta mantivo o seu primeiro encontro institucional con Carmen Eiró tras a súa toma de posesión o pasado 17 de novembro

28/11/2025 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 15.000 € ao acondicionamento da sala amable do edificio xudicial de Pontevedra

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou que as melloras realizadas contribúen a garantir a protección e privacidade das vítimas durante as súas dilixencias xudiciais

26/11/2025 | 11:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia hoxe o traslado do persoal do novo edificio xudicial da Estrada

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comprobou como se está a levar a cabo o traslado do persoal do antigo xulgado número 1 de Primeira Instancia e Instrución e da oficina de Rexistro Civil e á próxima semana procederase cos profesionais do xulgado número 2 

25/11/2025 | 17:12 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García defende seguir impulsando os 365 días do ano a prevención, sensibilización e detección da violencia de xénero entre as xeracións mozas

Avanzou que a Xunta seguirá reforzando os recursos de asesoramento a pé de rúa coa posta en marcha dos CIMs móbiles no rural e campus universitarios