Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo destaca o apoio da Xunta de máis de 291.000€ aos polígonos industriais da comarca de Betanzos para mellorar a súa competitividade
A delegada da Xunta visitou o parque empresarial de Bergondo beneficiario da orde para a mellora das súas Infraestruturas. Tamén recibiron estas achegas os parques empresariais de Curtis e Coirós
A Xunta aborda cos empresarios da Estrada os avances na ampliación do parque empresarial de Toedo, que permitirá contar con 156.685 m2 máis
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, lembrou que está a piques de resolverse a licitación do proxecto de expropiación á que se presentaron catro empresas
A Xunta inviste preto de 117.000 euros na mellora dos colectores coa rede de saneamento municipal do Polígono do Camballón, en Vila de Cruces
O delegado territorial visitou o avance das obras que foron posibles grazas á liña de axudas para a mellora dos parques empresariais de Galicia
Rueda sinala a humanización da avenida de Fisterra en Carballo como exemplo do compromiso da Xunta cunhas infraestruturas viarias accesibles e seguras
Salienta que o Goberno autonómico achegará 1,4 M€, o 70% do custe, para transformar a avenida nun espazo de convivencia e desfrute da cidadanía
A Xunta abre o prazo para a adquisición de parcelas na Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra-As Neves (Plisán)
O Goberno galego pon a disposición un total de 33 parcelas, con superficies que oscilan entre os 1.786 m2 da máis pequena ata os 8.743 m2 da máis grande, aínda que se poden agrupar parcelas ata acadar unha superficie máxima de 49.681 m2
A Xunta destina 96.000 euros á ampliación das infraestruturas viarias do polígono da Pastoriza
O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Consellería de Economía e Industria financia a actuación con cargo á orde de axudas a concellos para mellorar as áreas empresariais
A Xunta reforza a súa aposta pola innovación industrial con cinco novas liñas de apoio que superan os 47 M€ nos Orzamentos de 2026
Os Orzamentos da Consellería de Economía e Industria ascenden a 453,8 M€, un 6 % máis que no pasado exercicio porque, pese a perder 41,7 M€ do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE (MRR), increméntanse os fondos propios
Belén do Campo informa de que 7 asociacións de polígonos industriais da provincia da Coruña recibirán máis de 500.000€ para mellorar a súa seguridade e competitividade
A delegada da Xunta destacou que estes apoios, de 1M€, con carácter bianual, van dirixidos ás asociacións de empresarios das áreas empresariais para a mellora da seguridade e a competitividade, incluída a obtención de selos ou certificacións de calidade que acrediten que a área cumpre con determinadas características diferenciais
A Xunta apoia con máis de 240.000 euros a modernización das infraestruturas de tres parques empresariais de Ferrolterra
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as obras financiadas no polígono das Somozas, un dos concellos da área beneficiados xunto aos de Cabanas e As Pontes
A Xunta formaliza a venda das dúas últimas parcelas dispoñibles no parque empresarial de Silleda
O Goberno galego está a impulsar a creación de novo solo industrial nas comarcas do Deza e Tabeirós coa ampliación dos polígonos de Lalín 2000 e Toedo (A Estrada)