Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural adopta como medida preventiva a suspensión temporal das queimas agrícolas e forestais de particulares desde mañá mércores e ata novo aviso
Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos non terán validez a partir da xornada de mañá
Medio Rural incorpora nova maquinaria punteira para o dispositivo de extinción e prevención de incendios
A conselleira María José Gómez fixo hoxe entrega de seis máquinas hidrostáticas polivalentes e tres vehículos motobomba que se distribuirán por varios distritos forestais da comunidade
A Xunta amplía os mecanismos de detección temperá de incendios forestais cunha nova app para a cidadanía, máis cámaras de videovixilancia e a implantación da IA no sistema
Trátase dalgunha das novidades do novo Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga), que se presentará este venres no Consello Forestal
A Xunta reitera o seu compromiso na loita contra os incendios no marco da Semana forestal de Pontevedra
O director xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural participou na inauguración deste evento, que se desenvolve na Escola de Enxeñaría Forestal do Campus da Xunqueira, e destacou o papel das universidades e dos investigadores fronte o lume
Medio Rural fomenta o coñecemento do sector forestal na mocidade coa celebración do Día da Árbore
A conselleira asistiu hoxe a esta actividade, que tivo lugar no Viveiro público de Sambreixo en Guitiriz e na que participou o alumnado de 1º da ESO do IES Poeta Díaz Castro
A Xunta destaca o potencial galego na transformación de madeira de piñeiro no sector da embalaxe
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visitou esta mañá as instalacións de Maderas Ornanda, empresa especializada na fabricación de caixas e embalaxes con madeira de piñeiro galego