Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 978 novas da área temática Territorio:

26/02/2026 | 10:26 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará 330.000€ en axudas a concellos de menos de 10.000 habitantes para colaborar nos gastos de implantación dos seus plans de acción municipal fronte a incendios forestais

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria a través da que a Xunta axudará aos concellos máis pequenos a sufragar os custos de persoal dos servizos técnicos profesionais ou ao persoal propio dos municipios que se encargue de elaborar ou revisar estes plans

25/02/2026 | 17:20 | C. do Mar

Mar aborda coas confrarías a posible apertura do libre marisqueo na ría de Ares-Betanzos se o avalan as mostraxes previas que se van realizar

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro trasladou ao sector que calquera decisión estará condicionada á avaliación técnica do estado do recurso tras as últimas choivas

25/02/2026 | 15:08 | C. de Sanidade
25/02/2026 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por fórmulas de cooperación intermunicipal como as fusións voluntarias de concellos para garantir a prestación de servizos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes defendeu hoxe no pleno que a xestión compartida de servizos ten prioridade nas distintas liñas de axudas promovidas pola Xunta e salientou que os concellos resultantes dos procesos de fusión voluntaria, comoOza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade, beneficiáronse, en conxunto, de 17 M€ de investimento procedentes do fondo de fusións habilitado pola Administración autonómica

22/02/2026 | 11:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta recupera a contorna do sendeiro tradicional da ‘Gabia dos Ánxeles’, en Boimorto, cun investimento de máis de 25.000 euros

Augas de Galicia financiou os traballos na zona, que incluíron a limpeza das marxes, a instalación de pasarelas, de elementos de sinalización e arranxos dos firmes, así como da canle do muíño existente na zona

21/02/2026 | 12:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Política Social e Igualdade

Ángeles Vázquez salienta a aposta da Xunta por levar os mellores servizos ás zonas rurais e o papel chave das mulleres no seu desenvolvemento

A responsable autonómica lembra que o rural galego é sinónimo de respecto ao medio ambiente e de conservación da contorna, polo que se trata dun importante aliado na loita contra o cambio climático

21/02/2026 | 11:15 | C. de Sanidade

A Xunta comparte a súa experiencia do proxecto piloto pioneiro de cribado de cancro de próstata con expertos e profesionais de saúde de toda Europa

A participación da representante da Xunta amosa o compromiso de Galicia coa prevención, a detección temperá e a promoción de estilos de vida saudables como elementos centrais na loita contra o cancro

20/02/2026 | 16:51 | C. do Mar

Mar inicia a rolda de visitas aos bancos marisqueiros afectados polos temporais

O obxectivo é coñecer in situ a situación particular de cada zona e analizar co sector o impacto na actividade extractiva de cara ao deseño de medidas de apoio a este sector estratéxico

20/02/2026 | 16:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel da Business Factory Food como motor da modernización do sector agroalimentario galego

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe na inauguración do Infoday da VIII Edición desta aceleradora, onde puxo en valor o crecemento do ecosistema innovador galego e o modelo de colaboración público-privada da Rede de Business Factories

20/02/2026 | 16:26 | C. de Sanidade

A Xunta destaca a profesionalidade e humanidade dos 231 profesionais xubilados no último ano na área sanitaria da Coruña e Cee

O xerente do Servizo Galego de Saúde remarca a dedicación ao servizo público e ao coidado dos demais dos profesionais que se retiran