Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 327 novas da área temática Xustiza:

30/08/2024 | 10:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Policía Autonómica realizou máis de 8.600 inspeccións e tramitou 1.600 denuncias relacionadas con delitos no medio rural o pasado ano

A meirande parte da actividade centrouse na prevención e investigación de incendios forestais, con 7.755 inspeccións e 1.497 denuncias

26/08/2024 | 11:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a protección das vítimas de delitos cunha maior coordinación entre o Instituto de Medicina Legal de Galicia e as Oficinas de Asistencia ás Vítimas

O Goberno galego pon en marcha un protocolo de actuación centrado na práctica da proba preconstituída co obxectivo de harmonizar as funcións periciais e asistenciais

06/08/2024 | 13:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a rehabilitación do edificio dos antigos xulgados de Vigo na rúa Lalín como exemplo do compromiso do Goberno galego coa recuperación do patrimonio para novos usos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, explicou hoxe que a iniciativa enmárcase no compromiso da Xunta pola rehabilitación do patrimonio e edificios emblemáticos para darlles un novo uso

05/08/2024 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello de Avión

O lume produciuse por mor de partículas incandescentes durante a realización de traballos de corta de metal sen as medidas de seguridade necesarias  

17/07/2024 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reivindica a importancia de que todas as cidades galegas teñan un xulgado específico de violencia sobre a muller

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou ás seis mulleres vítimas destes últimos días en España durante á visita o Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña 

11/07/2024 | 17:32 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta afianza a seguridade xurídica para fomentar o uso da intelixencia artificial na administración

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, participou hoxe na Toxa no encontro “Transformación dixital e IA”

04/07/2024 | 10:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola formación como mellor medida de prevención na loita contra o branqueo de capitais

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou esta mañá na inauguración de novas edicións do congreso sobre prevención e represión do branqueo de diñeiro e de dereito penal económico, que definiu como unha cita consolidada no ámbito xurídico para clarificar e identificar os riscos desta problemática

02/07/2024 | 20:22 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o compromiso da Xunta cun sistema xudicial forte, moderno e independente

Salienta que o Goberno autonómico traballa desde hai anos na modernización da xustiza con mellora de infraestruturas, avances na dixitalización e medidas de ciberseguridade

01/07/2024 | 17:39 | C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a acreditación de probas en caso de agresión sexual ao potenciar a colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Medicina Legal de Galicia

Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias sexuais

01/07/2024 | 15:26 | A Presidencia da Xunta

A Xunta solicita ao Consello Consultivo de Galicia que valore a posibilidade de que o Goberno galego recorra a Lei de amnistía

Entrega un completo análise da normativa que amosa as razóns para presentar un recurso de inconstitucionalidade