Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 823 novas da área temática Xuventude:

21/07/2025 | 15:13 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta acompaña á mocidade galega do exterior no arranque da nova edición da experiencia ‘Conecta con Galicia no Camiño’

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, iniciou a xornada cos participantes hospedados na Residencia Florentino López Cuevillas, compartindo os primeiros pasos da Vía da Prata

19/07/2025 | 13:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza os vencellos culturais coa mocidade galega do exterior a través dunha nova edición do programa ‘Conecta con Galicia no Camiño’

O secretario xeral da Emigración e a directora xeral de Xuventude recibiron esta mañá aos galegos e galegas do exterior participantes nesta iniciativa que chega á súa 35 edición sumando xa 3.500 participantes

16/07/2025 | 15:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

López Campos destaca o fomento dos “valores de convivencia e respecto polo medio ambiente” dos campamentos da Xunta

Trátase dunha das 12 instalacións onde se desenvolve a acción divulgativa ‘Van polo clima’, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, e no marco da campaña ‘Modo Verán Activo’ da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

16/07/2025 | 12:53 | C. do Medio Rural

Manuel Pardo destaca os máis de 2 M€ da Xunta para o establecemento de 52 agricultores mozos na provincia de Ourense

Para o delegado territorial estas achegas teñen como obxectivo garantir a continuidade do tecido agrario, así como incrementar a competitividade das explotacións mediante a súa modernización

16/07/2025 | 12:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reafirma o seu compromiso coa fundación Juan Soñador para seguir impulsando a igualdade de oportunidades entre todos os menores

Jacobo Rey sinalou a importancia da colaboración entre a Administración e o tecido asociativo para mellorar a situación da mocidade máis vulnerable

14/07/2025 | 15:59 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa “Tech Kids” para impulsar o talento dixital da rapazada

A iniciativa, organizada en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, está dirixida a rapaces e rapazas de 12 a 18 anos, que recibirán formación de deseño en 3D, programación, pilotaxe de drons, ou realidade virtual

14/07/2025 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Galicia Europa aproba a incorporación das deputacións de Ourense e Pontevedra ao seu padroado

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación, Jesús Gamallo, presidiu a reunión do padroado da entidade que representa a Galicia ante as institucións comunitarias, onde se fixo balance da súa actividade no ano 2024

09/07/2025 | 14:58 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A campaña de verán da Xunta ofrece este ano case 2.500 prazas en actividades para a mocidade na provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe a un grupo de rapaces e rapazas participantes na primeira quenda do campamento de multiaventura que se desenvolve nos Chacotes, en Palas de Rei