Actualidade
Buscador de novas
A delegación territorial da Xunta en Lugo acollerá o 13 de marzo o encontro ‘Women in Sports’ 2026
Catro profesionais con diferentes traxectorias compartirán os seus puntos de vista e experiencias nesta cita, que busca conectar e darlles visibilidade ás mulleres de todos os ámbitos do deporte
Uns 900 rapaces e rapazas participan no cros escolar de As Pontes ao abeiro do programa Xogade
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no parque de A Fraga na entrega de medallas aos primeiros clasificados de cada categoría
A Xunta colabora coa Federación Galega de Piragüismo para crear a primeira Rede Galega de Voluntariado Náutico
Esta axuda enmárcase na liña de subvencións con cargo ao 0,7% do IRPF para programas sociais dirixidos á mocidade e ao voluntariado na que o Goberno galego inviste 1,7M€
A Xunta lamenta que o Goberno central poña novamente obstáculos a Galicia no desenvolvemento da normativa autonómica coa convocatoria dunha comisión bilateral sobre a Lei do Deporte
Segundo informou o conselleiro de Deportes, o Estado cuestiona agora a modificación feita para que o Goberno galego poida presentarse como acusación popular nos procedementos por delitos e actos de violencia no ámbito deportivo autonómico
A EGAP pon en marcha a I edición do Curso superior en deporte para ofrecer coñecementos especializados en promoción da saúde corporativa
A formación, que será impartida en modalidade presencial na sede da Escola, desenvolverase entre os meses de marzo e abril e contará coa participación de profesionais e persoas expertas nesta materia
Belén do Campo e Roberto García reciben e felicitan ás campionas da Copa S.A.R. A Princesa
A delegada da Xunta salientou que “é un orgullo para Galicia contar con equipos que, en tan pouco tempo, acadan resultados tan destacados e contribúen a visibilizar e fortalecer o deporte feminino”
Belén do Campo asiste ao encontro provincial “Ponte no meu lugar” de Enki para promover a inclusión a través do deporte
A delegada da Xunta destacou que o obxectivo desta xornada é sensibilizar ás novas xeracións e promover unha cultura de inclusión onde o deporte sexa un espazo compartido por todas e todos
A Xunta saca a licitación a xestión integral do complexo deportivo de Monterrei para a campaña de verán 2026 cun orzamento de case 1M€
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle a contratación, que se prolongará de maio a setembro e prevé a creación de máis de 70 postos de traballo