Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 579 novas da área temática Patrimonio:

15/09/2025 | 21:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez recoñece o labor do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais pola posta en valor da cultura, do patrimonio e dos valores cidadáns

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa na entrega do XXIX Premio Internacional Grupo Compostela de Universidades a esta prestixiosa entidade 

15/09/2025 | 18:29 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca a “alianza cultural cos países iberoamericanos” nunhas xornadas que reúnen no Gaiás expertos en patrimonio

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa na inauguración desta sesión técnica organizada ao abeiro do Proxecto RUTEALC, que impulsa sinerxías ao redor de itinerarios como o Camiño de Santiago

15/09/2025 | 10:44 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos salienta a capacidade da Ruta Xacobea para “unir culturas e difundir o noso patrimonio”

A iniciativa busca poñer en valor o Camiño de Santiago e crear comunidade entre as dúas entidades

14/09/2025 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata os traballos de limpeza na Ponte Vella de Ourense

Os traballos consistiron na retirada manual da vexetación nos paramentos e na limpeza das xuntas, co emprego de ferramentas e medios manuais

11/09/2025 | 14:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia que a Xunta adxudicará este mes as obras para reparar a torre de San Salvador de Vilaza

A intervención, que contará cun investimento de case 500.000€, está destinada a solucionar os problemas estruturais do campanario, así como labores de limpeza e renovación da instalación eléctrica

10/09/2025 | 17:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia que a Xunta xa está avaliando no terreo a afectación dos incendios forestais no patrimonio cultural

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asegura que xa se teñen identificados os primeiros danos e que agora continuarase cunha análise “polo miúdo” para contar cunha “fotografía precisa”

10/09/2025 | 10:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa o diálogo entre a moda e o labor das colareiras para poñer en valor o patrimonio cultural e creativo deste oficio artesanal

Co apoio da Fundación Artesanía de Galicia, a marca de roupa Carmen 17 lanza hoxe unha colección cápsula en colaboración coa artesá Montse Betanzos (O Grove) na que se reivindica a importancia das colareiras da Toxa como creadoras

08/09/2025 | 15:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta fomenta o coidado do patrimonio cultural na xuventude a través da programación estival ‘Modo verán activo’

Como novidade este ano, inclúese a experiencia no xacemento das Torres, onde poden colaborar con tarefas divulgativas de catalogación e documentación

08/09/2025 | 13:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos salienta o papel das romarías para reforzar a cultura e o patrimonio popular de Galicia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa no Día Grande dos Milagres, no Santuario de Baños de Molgas, declarado monumento histórico-artístico nacional