Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.430 novas da área temática Administración pública:

29/04/2026 | 18:28 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

Belén do Campo, o director da Amtega e os alcaldes de Laxe, Malpica, Cabana de Bergantiños analizan con telefónica as reiteradas incidencias no servizo de telecomunicacións

Os representantes autonómicos trasladaron a necesidade de dar resposta ás reclamacións formuladas polos rexedores locais, que veñen denunciando desde hai meses cortes frecuentes nos servizos de telefonía e internet, con consecuencias directas sobre a actividade administrativa, económica e social da zona

29/04/2026 | 17:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de San Cibrao das Viñas analizan a creación de refuxios climáticos no municipio

Ángeles Vázquez anima á alcaldesa a solicitar as axudas que convoca a Consellería para a posta en marcha de intervencións baseadas na natureza e no aproveitamento dos seus recursos para prever e adaptarse ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos

29/04/2026 | 16:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta que a Fegamp se manteña na postura de confrontación co Goberno galego respecto á reforma da Lei de Administración Local de Galicia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, lamenta as últimas declaracións do presidente da Fegamp, que se suman ás críticas xa realizadas nas que cuestiona o traballo previo de tres anos en lugar de achegar aportacións coas que acadar un texto co maior consenso posible 

29/04/2026 | 15:35 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta anima ao Observatorio do Xogo a traballar xuntos para garantir un modelo que conxugue unha actividade regrada coa protección dos colectivos máis vulnerables

O conselleiro de Facenda e Administración Pública reuniuse esta mañá cos integrantes deste organismo, na súa sesión constitutiva

28/04/2026 | 14:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
28/04/2026 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo destaca en Rois o apoio da Xunta de 64.000€ para mellorar a eficiencia enerxética de dous edificios deportivos e para adquisición de equipamentos para a protección do medio ambiente

A delegada da Xunta puxo en valor “o firme compromiso da Xunta de Galicia cos concellos do rural para que poidan seguir avanzando en sustentabilidade, modernización de servizos e mellora da calidade de vida da veciñanza”

27/04/2026 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita hoxe en 3,6 M€ obras de reforzo do firme en tres estradas autonómicas de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que se mellorarán en total 64 quilómetros das vías LU-633, LU-546 e LU-621, con traballos en dez municipios da provincia