Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 978 novas da área temática Territorio:

06/02/2026 | 18:17 | C. do Medio Rural

A nova convocatoria do Plan Camiña Rural para concellos ábrese hoxe ata o 5 de marzo por case 19 M€

María José Gómez salientou a importancia desta medida, xa que os camiños rurais “vertebran o territorio e son claves na dinamización social e económica do noso agro”

06/02/2026 | 14:59 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos destaca que as bonificacións en vivenda aprobadas pola Xunta desde 2016 permitiron aos galegos un aforro total de case 227 M€

Resaltou que, no seu primeiro ano de vixencia, 2.000 contribuíntes xa se beneficiaron tamén da redución do Imposto de Sucesións para parentes do grupo III

06/02/2026 | 13:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Os concellos poden solicitar desde mañá as axudas da Xunta para mellorar a xestión dos residuos, que contan cun orzamento de máis de 5,1 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria, que inclúe novidades como liñas de achega adicionais e requisitos máis flexibles para que poidan chegar a un maior número de entidades locais da comunidade

05/02/2026 | 13:50 | C. do Medio Rural

A Xunta publica as axudas para mellora de camiños rurais e os concellos terán un mes para solicitalas

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria do plan Camiña Rural para o período 2026-2027, dotado con 19 millóns de euros

04/02/2026 | 16:30 | C. de Economía e Industria

Arranca a elaboración do Plan director da industria metalmecánica que a Xunta sitúa como a columna vertebral do tecido industrial

A directora de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou esta mañá na presentación do Observatorio da Industria de construcións, estruturas metálicas e cerramentos impulsado por Asime co apoio do Igape

04/02/2026 | 14:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsa a 5ª edición do mercado de segunda man O Tinglado os días 21 e 22 de febreiro en Pontevedra

O delegado territorial e a directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade ofreceron unha rolda de prensa para explicar os detalles sobre esta iniciativa

04/02/2026 | 13:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre o programa expositivo da Cidade da Cultura cunha reflexión de artistas dunha ducia de países sobre os límites dos mundos virtuais

A mostra propón un percorrido por máis de 80 obras que inclúen instalacións interactivas, videoxogos, obxectos históricos e pezas artísticas que exploran a relación entre realidade física e simulación dixital

03/02/2026 | 17:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste máis de 1,4 millóns nos cursos AFD que se imparten no Concello de Pontevedra

O delegado territorial visitou esta mañá as instalacións de Ara Negocios e puxo en valor o papel da formación para mellorar a empregabilidade