Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 444 novas da área temática Urbanismo:

31/03/2025 | 10:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba de forma inicial o plan básico municipal de Negueira de Muñiz para dotar ó concello dun instrumento eficaz de ordenación do territorio

O prazo de consulta e presentación de alegacións é de dous meses contados a partir de agora, trala súa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia

29/03/2025 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A nova senda peonil e ciclista entre a Intermodal e San Caetano sitúa Santiago á altura das cidades europeas referentes en mobilidade sostible

A Xunta pon en servizo este treito do Eixo de Mobilidade Sostible de Santiago, que conta con 3,3 km de itinerario e no que se invisten 2,4M€

27/03/2025 | 15:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
26/03/2025 | 15:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Martina Aneiros recorda que ata o 28 de abril poden solicitarse as axudas para mellorar a accesibilidade de vivendas e edificios residenciais

Esta orde da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé incentivos de ata 18.000 euros para facilitar a adaptación exterior e interior de inmobles residenciais

25/03/2025 | 13:13 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda asiste ao inicio das obras da plataforma flotante no Parrote da Coruña e defende fortalecer a relación da cidade co entorno mariño

“Todas as cidades modernas que viven mirando ao mar teñen instalacións deste tipo”, salienta o presidente

24/03/2025 | 15:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda anuncia que a Xunta colaborará co concello de Ferrol na rehabilitación urbana da cidade, cun investimento total de 12 M€

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas resalta que haberá actuacións en “seis barrios históricos, declarados BIC” ou que forman parte do trazado do Camiño de Santiago

22/03/2025 | 15:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de humanización da praza de Picoutiños en Nogueiró, no concello de Cartelle

O contrato, adxudicado por máis de 80.000 euros, ten como obxectivo acondicionar a praza para funcionar como área recreativa e de esparexemento, fomentado a actividade social dos veciños

21/03/2025 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue destaca o papel dos concellos rurais na creación de vivenda co apoio da Xunta, a través da achegas á rehabilitación de edificios de titularidade municipal

Allegue pon en valor o traballo e “esforzo dos alcaldes de localidades de poucos habitantes, que grazas a unha boa xestión, acadan grandes resultados”

21/03/2025 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de decreto que regulará as Entidades de Certificación de Conformidade Municipal

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de publicar no portal de transparencia da Xunta o proxecto de decreto polo que se regulan as ECCOM na Comunidade Autónoma de Galicia e o seu rexistro