Actualidade
Buscador de novas
A Xunta celebra a elección das pontes como sede dun dos partidos que disputarán as seleccións femininas de fútbol sala de España e Portugal
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde na presentación deste encontro amigable para Copa Mundial Feminina de Futsal da FIFA 2025 que terá lugar o día 8 de outubro no municipio
A Xunta reivindica a “importancia capital do mar no deporte” co 7,5% das licenzas correspondente a modalidades náuticas
O secretario xeral para o Deporte destacou os éxitos dos deportes náuticos galegos lembrando que, das 23 medallas olímpicas galegas, 18 delas pertencen a deportes náuticos como piragüismo (14), vela (3) e tríatlon (1)
Lete Lasa pon en valor o tenis de Galicia cun “circuíto difícil de igualar” no que o ITF M15 de Pontevedra xa é unha cita que congrega aos mellores xogadores
Destaca a aposta do Club de Tenis Pontevedra que o ano pasado estreou este torneo e anima aos tenistas galegos que participarán destacando a Rafa Izquierdo, Tomás Currás, Martín Rodríguez e Ander Tarrío
Xogade arranca a súa 17º edición cun campionato de Cross na Illa das Esculturas no que participarán case 2.500 nenos e nenas
O evento, no que participarán 20 centros educativos da área de influencia de Pontevedra, terá lugar os días 1 e 2 de outubro
Jaime Nava, excapitán da selección española de rugby, abriu a nova edición do ciclo ‘Luz ao Deporte’ na sede da Xunta en Lugo
Estudantes de catro centros educativos acudiron á primeira charla do programa, que continuará en outubro coa presenza da piragüista lucense Tania Fernández
Lete remarca a importancia do deporte en Galicia cun impacto do 1,3% do PIB na inauguración do Máster de Xestión Empresarial de Ourense
O posgrao é un programa único en Galicia e dos poucos en España que se atopa no Top 20 do ranking mundial de másters en Sport Management
A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética dos vestiarios da piscina municipal de Toques con case 60.000€
A delegada da Xunta visitou o Concello para coñecer as accións aprobadas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local