Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.268 novas da área temática Medio ambiente:

26/12/2025 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia ao Concello de Mondariz na adquisición dun camión destinado á recollida de residuos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe o municipio, que renovou o equipamento cunha achega de case 183.000 euros por parte do Goberno galego, o 70% do custo total

26/12/2025 | 14:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a Bandeira Verde de Galicia pon en valor a aposta do Concello de Touro pola protección da paisaxe e do medio ambiente

Enrique de Salvador lembra que a concesión deste recoñecemento dá visibilidade aos concellos como territorios responsables e comprometidos co impulso de diferentes tipos de accións e boas prácticas ambientais e paisaxísticas

25/12/2025 | 09:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental á delimitación de solo de núcleo rural de Valboa, no concello de Pantón, co fin de recuperar esta aldea abandonada

O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna sempre que se cumpra cos condicionantes incluídos no documento

23/12/2025 | 14:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta leva ao mercado de Pontevedra a campaña para reducir o desperdicio alimentario durante o Nadal

A iniciativa consiste na entrega dunha culler de madeira na que se pode escanear un código QR que redirixe a unha web con receitas de aproveitamento

23/12/2025 | 13:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta financiará con ata 60.000 euros proxectos municipais para identificar e crear refuxios climáticos

Ángeles Vázquez explica que se trata da segunda convocatoria das axudas dirixidas a apoiar os concellos na posta en marcha en espazos urbanos e periurbanos de intervencións baseadas na natureza e no aproveitamento dos seus recursos para prever e adaptarse ao cambio climático

22/12/2025 | 15:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta emite declaración de impacto ambiental favorable sobre o proxecto de parque eólico no porto exterior da Coruña, no concello de Arteixo

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe autonómico e na documentación avaliada

22/12/2025 | 12:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A tempada de pesca continental de 2026 comezará en Galicia o 15 de marzo e prolongarase ata o 31 de xullo

A captura do reo iniciarase o 1 de maio e rematará o 31 de xullo, prolongándose en determinadas masas de auga ata finais de setembro, mentres que a captura da troita comezará xa o 15 de marzo e estenderase no caso dos coutos conveniados ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte

20/12/2025 | 13:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala 14 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación no rego de Aneiros, en Ferrol

O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento

20/12/2025 | 13:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convocará en xaneiro por 2 M€ axudas a particulares para mellorar a imaxe exterior das súas vivendas e doutros bens

Ángeles Vázquez destaca o incremento da dotación reservada a esta liña en 2026, que duplica o orzamento deste ano e co que prevé chegar a máis de 700 cidadáns

20/12/2025 | 13:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo avoga por un consumo sostible e responsable para reducir o desperdicio alimentario no Nadal

A campaña desenvolvese nas vindeiras xornadas en diferentes prazas de abastos, da Coruña: San Agustín, Monte Alto, Elviña, Conchiñas e Praza de Lugo