Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina 8,5 M€ á nova edición das achegas para contratar persoal de orientación laboral en entidades locais e sen ánimo de lucro
O DOG publica a convocatoria de 2026 destes apoios, cos que se prevé atender máis de 118.000 persoas desempregadas cun acompañamento personalizado e adaptado ás necesidades do territorio e que poderán solicitarse desde mañá ata o 27 de abril
A Xunta confirma o seu apoio á edición deste ano da Festa da Xouba de Rianxo
A conselleira do Mar destacou a importancia de poñer en valor produtos locais como este, que é un dos máis importantes para a frota local e que constitúe un exemplo de pesca sostible e responsable.
A Xunta ofrece formación para que as persoas maiores de 50 anos busquen emprego usando ferramentas dixitais
O curso desenvolverase en formato mixto: de xeito presencial na aula CeMIT da Coruña e en liña a través de plataforma de teleformación da Rede
A futura residencia de maiores da Xunta en Ribeira contará con 120 prazas, un 20% máis das inicialmente previstas
Nestes momentos estanse a elaborar as bases técnicas para licitar canto antes a redacción do proxecto de construción
Xosé Merelles destaca o Encontro Mundial do Humorismo como dinamizador do turismo cultural que representa o 8% de toda o oferta do destino
O EMHU celebrarase do 23 de abril ao 3 de maio na Coruña
Xunta, Policía adscrita de Galicia e Armada colaboran nunha intervención subacuática para localizar pecios históricos no Golfo Ártabro
A actuación céntrase estes primeiros días na enseada de Cariño, onde as investigacións apuntan que podería atoparse un buque da coñecida como ‘Armada Invencible’
Ángeles Vázquez salienta en Bruxelas as iniciativas postas en marcha pola Xunta para converter Galicia nunha comunidade líder en acción climática
Pon en valor a aprobación da Lei do clima, que ademais de dotar de seguridade xurídica á loita contra o cambio climático, contribuirá a que Galicia sexa neutra en emisións en 2040, dez anos antes do obxectivo proposto pola Unión Europea
A Xunta adxudica por 278.000 euros as obras da humanización e mellora do núcleo de Pazo, no concello de Crecente
Trátase de mellorar o pavimento do viario municipal neste núcleo da parroquia de Santa María de Rebordechán, incluíndo a mellora da capa de rodadura e ensanches nalgunhas zonas