Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.235 novas da área temática Administración pública:

13/11/2025 | 13:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa con case 118.000 € a mellora da eficiencia enerxética no edificio multiúsos de Frades

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou a instalación para coñecer as actuacións executadas no marco da Orde plurianual de subvencións para obras de eficiencia enerxética cofinanciadas con fondos Feder

13/11/2025 | 11:34 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos defende a sostibilidade e a intelixencia artificial como motores de cambio na Administración pública

O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugurou as X Xornadas de Auditoría e Contabilidade en Galicia

12/11/2025 | 15:13 | C. do Medio Rural

A Xunta insiste na importancia de que a nova PAC a partir de 2028 blinde os fondos de desenvolvemento rural con financiamento suficiente e específico

A titular de Medio Rural afirmou que o novo Marco Financeiro Plurianual pretende substituír a arquitectura de dous piares existente ata o de agora e pon en perigo a viabilidade dos programas de desenvolvemento rural, os fondos de mobilidade de terras ou outros a prol da sucesión de explotacións

12/11/2025 | 15:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lamenta o rexeitamento da Fegamp á proposta de subir o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar

A oferta da Administración autonómica pasa por unha actualización progresiva da achega a este servizo, ata acadar os 16 euros hora ao remate desta lexislatura

12/11/2025 | 15:00 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta entrega o Premio Manuel Colmeiro de investigación ao avogado e doutor en Dereito pola UDC Jaime Pensado Sande

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, entregou hoxe o galardón da XXVII edición

11/11/2025 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia as melloras nos locais sociais das asociacións veciñais San Xurxo de Saiáns e da Salgueira ‘Rosalía de Castro’

A directora xeral de Administración Local comprobou xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo as obras realizadas e o material adquirido ao abeiro das axudas do Plan específico de acción comunitaria 

10/11/2025 | 15:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta protexe os intereses de Galicia no debate orzamentario da Unión Europea

 O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presidiu hoxe o padroado da Fundación Galicia Europa, no que tamén participou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos