Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 710 novas da área temática Lingua:

17/04/2025 | 18:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta ofrece por primeira vez cursos de galego no Instituto Cervantes de Nova York

A proposta enmárcase no paquete de medidas deseñadas para o impulso do idioma no marco do Pacto pola Lingua, que inclúe a súa proxección fóra de Galicia 

16/04/2025 | 19:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca a implicación do tecido empresarial co impulso do galego

O secretario xeral da Lingua participou na presentación dun estudo realizado pola Asociación de Empresarios de Deza sobre o uso do idioma no seu ámbito

16/04/2025 | 10:15 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca a VIII edición do Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

O galardón, que conta cunha dotación económica de 3.000€, busca promover a produción de pensamento sobre esta materia en lingua galega

14/04/2025 | 14:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta ofrece unha completa panorámica da actual produción audiovisual galega na nova edición do seu catálogo ‘Films from Galicia’

Recolle información sobre 62 traballos, 48 deles a piques de chegar á pantalla e outros tantos realizados co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través das diferentes liñas de subvencións ao sector

14/04/2025 | 14:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e Feiraco impulsan unha academia virtual de música tradicional para festexar as Letras Galegas

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, salienta a contribución do folclore galego para” manter viva, transmitir e expandir a nosa lingua de xeración a xeración”

11/04/2025 | 14:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca o papel das mulleres na transmisión da poesía popular oral na inauguración da mostra ‘Cantareiras’

A exposición impulsada polo Museo do Pobo Galego forma parte da programación das Letras Galegas 2025

11/04/2025 | 13:49 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o vínculo co portugués como un piar na renovación do Plan de Normalización da Lingua

O Observatorio Valentín Paz Andrade celebra a primeira reunión de traballo para impulsar as relacións sociais, culturais e económicas cos países lusófonos

09/04/2025 | 16:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Rueda destaca o compromiso de Alfredo Conde coa calidade literaria e coa identidade galega na entrega dos XXXII Premios xornalísticos Puro Cora

Subliña que estes galardóns “recoñecen valores fundamentais dunha sociedade democrática” como “a liberdade de expresión, o compromiso coa verdade e a defensa da identidade”

09/04/2025 | 13:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca o traballo da Editorial Galaxia na promoción da lingua nestes 75 anos de vida

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta “a contribución da institución no asentamento das bases do sistema literario galego”

05/04/2025 | 14:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García gaba a figura de Victorino Gutiérrez polo “seu gran papel como dinamizador da lingua”

O secretario xeral da Lingua participou en Lalín na descuberta dunha placa en homenaxe ao notario, cofundador da Irmandade Xurídica Galega