Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 481 novas da área temática Discapacidade:

21/03/2025 | 13:20 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda inaugura a nova sede de Down Ourense e reivindica o papel das entidades sociais na atención ás persoas con discapacidade

Apunta á necesidade de que as administracións públicas colaboren para aproveitar as oportunidades e acompañar a labor das entidades

20/03/2025 | 19:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o labor de Down Compostela en favor da plena integración

Fabiola García agradece a todos os premiados que fagan de Santiago unha cidade máis integradora e sinala que a Xunta seguirá traballando para que as persoas con síndrome de Down estean presentes en todos os ámbitos da sociedade

20/03/2025 | 14:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que o novo centro especial de emprego de Betanzos supón un paso máis na integración social e inclusión das persoas con discapacidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade destacou que esta iniciativa supón un paso máis na visibilidade e inclusión das persoas afectadas

13/03/2025 | 16:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta por un feminismo integrador que teña en conta as necesidades das mulleres con discapacidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade asiste ao acto de conmemoración do Día Internacional das Mulleres no que participan alumnos do centro de Crecente e usuarias da residencia Esclavas de la Virgen Dolorosa

10/03/2025 | 14:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca as iniciativas que desenvolve Enki nos centros educativos para promover a integración e inclusión das persoas con discapacidade

Alumnado de varios centros educativos de Ourense participan en actividades deportivas adaptadas que lles permiten vivir esta experiencia

08/03/2025 | 12:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o papel da muller xorda na construción dunha sociedade máis igualitaria, xusta e inclusiva

Begoña Abeijón sinalou que o Executivo galego destina 1M€ ao ano a través dun convenio nominativo e dun convenio específico de accesibilidade para que poidan estender a lingua de signos e poñer a disposición das persoas xordas os recursos necesarios

06/03/2025 | 19:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que a nova residencia de Aspanaex en Vigo entrará proximamente en funcionamento

A Administración galega colaborou con este entidade social con máis de 2 millóns de euros na construción deste complexo

03/03/2025 | 15:04 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca que o Plan de axilización da Xunta permite aumentar un 24% os expedientes de dependencia resoltos e un 57% as resolucións de discapacidade

O Consello da Xunta avaliou un informe sobre os dous primeiros meses de aplicación do plan que inclúe a posta en marcha de catro novas “xefaturas de servizo discapacidade” e “o reforzo do persoal” da área de dependencia