Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 496 novas da área temática Enerxía:

29/09/2024 | 12:37 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a sociedade Recursos de Galicia creará unha comercializadora para abaratar e descarbonizar o consumo de enerxía

Asegura que o obxectivo é que estea en marcha a principios do ano que vén, e que oferte “unha enerxía 100% renovable por un prezo substancialmente por debaixo de mercado”

27/09/2024 | 20:13 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña o compromiso do Goberno galego por crear un clima de estabilidade política e económica que fomente o investimento

Subliña que a Xunta traballa nunha nova planificación enerxética e do solo industrial, ademais de incidir na desburocratización

24/09/2024 | 14:04 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza unha nova planificación eólica para abaratar a factura enerxética dos cidadáns e da industria galega

Considera que para cumprir este obxectivo será clave a Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia e a sociedade Recursos de Galicia (RDG),

23/09/2024 | 15:01 | C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsará o polígono industrial de Anxeriz en Tordoia cun investimento de 560.000€ para reforzar a súa rede eléctrica

Estas axudas van dirixidas a  establecer medidas de reforzo e extensión nos parques que precisan un abastecemento de enerxía eléctrica 

21/09/2024 | 10:08 | A Presidencia da Xunta

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética do centro sociocultural de Santa María de Teo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a alcaldesa Lucía Calvo de la Uz, asinaron o convenio para a execución do proxecto cunha achega do Goberno galego de 60.000 €

20/09/2024 | 18:01 | C. do Mar

A Xunta apoia a celebración da iniciativa Marexía no que se exalta o crecemento azul sostible e os produtos do mar locais

O titular de Mar destaca que esta iniciativa afonda nos principios da Estratexia Galega da Economía Azul ao considerar a sustentabilidade procedente do mar como fonte xeradora de riqueza a través da preservación dos ecosistemas mariños

19/09/2024 | 19:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a colaboración co Clúster das Enerxías Renovables de Galicia para impulsar a formación e a cobertura de vacantes no sector

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe en Santiago de Compostela na entrega de diplomas ás persoas que superaron as formacións deste 2024 no marco do convenio entre o Goberno galego e Cluergal  

19/09/2024 | 14:43 | C. de Economía e Industria; C. do Mar

Lorenzana subliña o compromiso da Xunta para que todos os galegos se beneficien dos recursos naturais de Galicia tendo acceso a enerxía máis barata

“Temos que conseguir trasladar aos galegos e galegas que o feito de ter un recurso natural próximo, o feito de ter un parque eólico próximo, non é un problema, é un beneficio para a veciñanza porque a electricidade vai ser máis barata”, remarca Lorenzana

19/09/2024 | 14:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia novas actuacións de mellora no colexio de Trazo, no que a Xunta xa investiu máis de medio millón de euros

O conselleiro de Educación visita o centro, no que se vai reparar o tellado da pista exterior e arranxar a fachada do edificio de Secundaria e a escaleira contraincendios