Actualidade
Buscador de novas
Allegue: “O Novo Chuac avanza coa máxima axilidade posible e será dos hospitais máis modernos e vangardistas do país”
M. Allegue subliña que o proxecto avanza coa prioridade de garantir a asistencia sanitaria durante as obras, e coas principais incógnitas xa despexadas: a disposición de terreos, o financiamento do BEI coa axuda directa de 60M€ ou as obras previas
A Xunta insta ao Goberno central a rescatar a AP-9 e a eliminar as peaxes, que continúan sendo un agravio a Galicia
Allegue lamentou que o Executivo central segue a condear aos galegos a pagar unas peaxes inxustas, mentres as retira noutros territorios
A Xunta inviste 435.300 euros na mellora da estrada LU-636 desde a travesía de Sarria ata o polígono do Morelle
O delegado territorial, Javier Arias, explica que a actuación inclúe a rehabilitación do firme en todo o treito e o reforzo da seguridade no tramo urbano coa implantación de elementos redutores da velocidade
Allegue destaca a rehabilitación enerxética integral da Torre Efisa na Coruña, que contou cunha achega de 4,6 M€ de fondos europeos xestionada pola Xunta
A conselleira puxo en valor as actuacións realizadas para mellorar a eficiencia enerxética da Torre e subliñou que coa transformación, “suma outro fito á súa dilatada historia como emblema de cidade”
M. Allegue aborda co alcalde de Lugo a mellora da rúa Serra de Meira, na que se estima un investimento de máis de 900.000€
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou o compromiso da Xunta con esta actuación do Plan Paradai e presentou ao rexedor a proposta de convenio para a súa execución
O bo ritmo das obras de renovación do pavimento na AG-53 adianta o corte da calzada dereita entre o enlace coa AG-54 e o da A-52 dende mañá ata o venres
O corte de tráfico levarase a cabo dende as 8 horas de mañá ata as 20 horas do venres
A Xunta inviste 44.600 euros na mellora da seguridade viaria e da iluminación do polígono industrial de Monterroso
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que a modernización das infraestruturas contribúe á fixación de empresas e á creación de emprego
A Xunta aproba o proxecto de trazado do desdobramento do treito Nadela-A Pobra de San Xiao, que concluirá a autovía que unirá Lugo e Sarria
Rueda enmarca esta medida no gran esforzo do Executivo autonómico en materia de infraestruturas viarias e salienta que esta vía dará servizo a 100.000 veciños
Belén do Campo destaca o investimento de máis de 223.000 euros en cinco concellos da comarca da Ordes para a mellora das súas infraestruturas de uso público
A delegada da Xunta, acompañada polos alcaldes de Frades e Oroso, comprobou as melloras executadas de renovación do viario de Castiñeiro a Redondo que contaron cunha axuda da Xunta de máis de 47.000 euros
O delegado territorial da Xunta supervisa o comezo das obras de mellora da OU-212 ao seu paso por Avión e Beariz, que suporán un investimento de preto de 1,5 M€
Manuel Pardo salientou que os traballos abranguen a mellora dun tramo de 6 quilómetros desta estrada autonómica entre Beariz e o desvío cara ao núcleo de Couso