Actualidade
Buscador de novas
A Xunta contribúe con máis de 17.000 euros á mellora do equipamento do parque biosaludable de Ortigueira
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, e o alcalde da localidade, Valentín Calvín, supervisaron esta mañá as actuacións financiadas pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
A Xunta apoia o XVI Torneo Nacional de Fútbol 7 que organiza en Lugo ‘Peña de Árbitros’ os días 26 e 27 de decembro
A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación da cita, na que se agarda a participación duns 350 membros do colectivo arbitral de todo o país
A Lei do Deporte de Galicia presenta as súas modificacións afondando no bo goberno das federacións e na loita contra a violencia
O novo texto lexislativo que entrará en vigor no día de mañá publícase hoxe no Diario Oficial de Galicia establecendo, entre outras, a obriga do código de bo goberno para as federacións e a acción popular da Administración autonómica nos casos de violencia
O xogador do Breogán Francis Alonso pecha na sede da Xunta o ciclo ‘Luz ao deporte’, que promove a Fundación Breogán
Cinco destacados deportistas compartiron as súas experiencias con escolares lucenses nesta cuarta edición do foro, orientado a educar á mocidade nos valores do deporte
A Xunta publica o contrato de servizos de redacción do proxecto de interese autonómico do futuro CAR de Galicia
O contrato ten un valor de máis de 152.000 euros e un prazo inicial de duración de 16 meses
A Xunta colabora co Concello de Porto do Son na primeira fase da mellora do complexo deportivo da Tarela
O Goberno galego financia cun préstamo de mais de 390.000 euros a creación e ordenación dun aparcadoiro que dea servizo aos usuarios das piscina e ximnasio, mellorando a chegada en vehículo e a mobilidade no contorno do complexo deportivo
Belén do Campo destaca o apoio da Xunta a 16 clubs da comarca do Barbanza con máis de 82.000€ para a adquisición de equipamentos deportivos
A representante do Goberno autonómico subliñou que estas axudas reflicten a firme aposta da Xunta polo deporte como motor social, educativo e económico, e recoñeceu o labor dos clubs da comarca, que continúan demostrando un compromiso exemplar coa promoción da actividade física